- Este galardón europeo, organizado polo Grupo Landbell, matriz de ERP, recoñece os servizos e produtos máis innovadores no ámbito da economía circular.
- O pasado ano foi o primeiro no que unha compañía española, VEnvirotech, pasou á final grazas ao desenvolvemento dunha tecnoloxía que permite crear bioplásticos de polihidroxialcanoatos (PHAs) utilizando bacterias.
Cerceda, a 28 de decembro de 2020.- Un total de oito proxectos españois optan á sétima edición do galardón europeo Green Alley. Oganizado polo Grupo Landbell e os seus filiales, entre as que se atopa ERP, con este distintivo recoñécense os servizos e produtos máis innovadores desenvolvidos por start-up europeas no ámbito da economía circular.
Na presente edición, presentáronse un total de 189 proxectos a concurso desde 24 Estados europeos. España comparte con Países Baixos a cuarta posición no podio de países con maior número de proxectos en concurso, por detrás de Alemaña (61), Italia (49) e Reino Unido (15).
O pasado ano foi o primeiro no que unha compañía española, VEnvirotech, pasou á final grazas ao desenvolvemento dunha tecnoloxía que permite crear bioplásticos de polihidroxialcanoatos (PHAs) utilizando bacterias.
Polo que respecta aos diferentes tipos de solucións presentadas, a metade das compañías españolas decántanse pola reciclaxe, un 25% pola prevención de residuos e o 25% restante polas solucións dixitais para a economía circular. Estas porcentaxes difiren da media europea, onde as solucións de reciclaxe só aglutinan ao 22,75% dos proxectos presentados, mentres que as solucións para a prevención de residuos gañan adeptos, cun 40,74% dos proxectos. O 36,51% restante céntrase en solucións dixitais de economía circular.
Os fluxos de refugallos nos que se focalizan os proxectos do noso país son moi variados e abarcan desde soluciones para o envasado de produto ata o ámbito téxtil, pasando polos residuos municipais, a alimentación e os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), entre outros.
Fonte: European Recycling Platform
Imaxe: Pexels