- A empresa Back Market e o taller holandés de xoiería Nowa, lanzaron o proxecto G.old, unha colección especial de xoias fabricadas con metais reciclados para regalar por San Valentín.
- Na mesma inclúese un colgante circular bañado en ouro, así como unha chave e un colgante bañados en prata, todoseles fabricados con materiais sostibles.
- O obxectivo desta iniciativa é crear conciencia en torno á problemática que representa a elevada xeración de residuos electrónicos e fomentar o aproveitamento dos materiais valiosos que conteñen.
Cerceda, a 10 de febreiro de 2020.- O residuo electrónico crece xa tres veces máis rápido que calquera outro refugallos sólido. Segundo un estudo publicado pola Universidade das Nacións Unidas, prevese que, a nivel mundial, a produción de lixo electrónico aumente un 8% cada ano. Estímase que, por cada millón de teléfonos móbiles, pódense recuperar case 16.000 quilos de cobre, 350 de prata e 35 quilos de ouro
A fin de crear conciencia en torno á problemática que representa a elevada xeración de residuos electrónicos e fomentar o aproveitamento dos materiais valiosos que conteñen, a empresa Back Market (primeiro marketplace dedicado en exclusiva ao reacondicionado electrónico) e o taller holandés de xoiería Nowa, lanzaron o proxecto G.old, unha colección especial de xoias fabricadas con metais preciosos extraídos de teléfonos móbiles reciclados para regalar por San Valentín. Para esta colección, contan co traballo da deseñadora Eva Schreuder, que se encarga tamén de toda a produción manual das pezas.
Os tres colgantes estarán a disposición do público en todos os mercados europeos nos que está presente Back Market, entre eles España, a través dunha páxina web creada específicamente para a ocasión.
Ademais, xunto coas xoias, entregaranse unhas tarxetas explicativas para informar ao consumidor sobre os materiais cos que están fabricadas e a orixe dos mesmos.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional
Saúdos, Departamento de Comunicación