- Ecolec lembra que se trata dun concepto nado en Xapón nos anos 80 e que consiste na recuperación das materias primas dos RAEE antes de chegar ao vertedoiro
- Pon como exemplo un smartphone, que contén case 60 elementos da táboa periódica, podendo reutilizarse o 90%, cifras similares ás de ordenadores ou impresoras.
Cerceda, a 11 de maio de 2022.- A Fundación Ecolec aposta pola Minería Urbana como unha das estratexias crave para frear os efectos do Cambio Climático e avanzar na Economía Circular.
O seu director xeral, Luís Morena destaca que «un impulso decidido nese aspecto contribuiría a conseguir cidades máis resilientes fronte ao Cambio Climático», na liña que defende tamén o último informe de 2022 do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) de Nacións Unidas, e que fai fincapé nas “oportunidades” que brindan as urbes para a acción en materia de sustentabilidade.
Nas cidades reside a metade da poboación mundial e un cambio de paradigma nelas suporá avances globais: edificios verdes, a subministración fiable de auga limpa, enerxías renovables, transportes sostibles, pero tamén, reducir o «consumo non sostible dos recursos naturais».
Ecolec lembra que a Minería Urbana –un concepto nado en Xapón nos anos 80- é a recuperación das materias primas dos RAEE antes de chegar ao vertedoiro. Un smartphone, por exemplo, contén case 60 elementos da táboa periódica e o 90% pode reutilizarse, cifras similares ás de ordenadores ou impresoras.
Segundo o Global E- Waste Monitor 2020 de Nacións Unidas, os RAEE son o residuo doméstico que máis está a crecer de forma global, pero do que apenas se recicla o 18%.
A copresidenta do Grupo de Traballo II do IPCC, Debra Roberts, insistiu na necesidade de que «todos –gobernos, sector privado e sociedade civil- colaboren», e en que «ao aunar os coñecementos científicos e tecnolóxicos especializados» cos locais, as «solucións serán máis eficaces».
Segundo Ecolec, que haxa unha conciencia real sobre os RAEE entre esa poboación urbana e un compromiso para impulsar a industria da reutilización, forman parte das solucións que se deben aplicar.
Fonte: ECOLEC
Imaxe: Pexels