- O obxectivo desta campaña, impulsada polo Proxecto LIBERA, é evitar que o abandono de lixo e practicar un turismo respectuoso co medio ambiente.
- Así mesmo, a iniciativa chama a atención sobre os novos residuos presentes nas nosas vidas: luvas e máscaras desbotables, e recorda que deben ser depositados no contedor convencional para garantir a súa correcta xestión.
Cerceda, a 15 de xullo de 2020.- O Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, lanzou a campaña #MiPuebloSinBasuraleza para poñer en valor os pobos e as súas contornas naturais, facendo ao mesmo tempo un chamamento para que os cidadáns practiquen un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente.
Trala crise sanitaria, ambiental e económica orixinada polo COVID-19, resulta evidente que deben suscitarse novas formas de entender e practicar o turismo, mantendo o máximo respecto á natureza e á cultura para minimizar o impacto das accións humanas.
LUVAS E MÁSCARAS DESBOTABLES, AO CONTEDOR XENÉRICO
O 80% dos residuos que chegan ao mar proceden do ámbito terrestre, pero o impacto da basuraleza non se limita a contornas mariñas. Tanto é así, que nun artigo publicado na revista da Sociedade Xeolóxica Estadounidense, tres investigadores describían en Hawái un “novo tipo” de roca composta por lava volcánica, sedimentos, masa orgánica e plástico. Os autores auguran que os vestixios de basuraleza na xeoloxía serán un importante indicador da xa coñecida era do Antropoceno, caracterizada pola pegada do ser humano sobre a natureza.
Este verán, e trala pandemia do coronavirus, augúrase un incremento do turismo nacional e rural, coa particularidade de que moitos cidadáns seguirán acudindo aos seus pobos para pasar as vacacións. É por isto que resulta prioritario manter os espazos naturais libres de refugallos e ser especialmente coidadosos coas luvas e máscaras desbotables, que xamais deben acabar no chan, sendo o seu destino os contedores xenéricos a fin de garantir a súa correcta xestión.
Cabe recordar que España é o país con máis biodiversidade de Europa. Conta con máis de 85.000 especies e alberga o 54% dos hábitats terrestres que son de interese comunitario segundo a Directiva Hábitats. Así mesmo, é o Estado da Unión Europea que máis superficie aporta á Rede Natura 2000, cun 27% do seu territorio terrestre e máis do 8% do mariño protexido baixo esta figura, con preto de 2.000 espazos.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pixabay