- A iniciativa proporcionará solucións tecnolóxicas a sectores industriais como automoción, aeronáutica, enerxías renovables e eléctrico-electrónico, entre outros
- Impulsar a recuperación, valorización e reintrodución no ciclo produtivo dos materiais compostos recuperados, ademais de reverter positivamente no medio ambiente, permitirá importantes beneficios económicos ás empresas, reducindo os custos con produtos reciclados
Cerceda, a 17 de decembro de 2024.- O clúster de industrias de medioambiente de Euskadi (Aclima), a Fundación Gaiker, o Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS), a Asociación Nacional de Recicladores de Plástico (ANARPLA), a Fundación para a Investigación e Desenvolvemento en Transporte e Enerxía (CIDAUT) e VALORIZA Servizos Ambientais, puxeron en marcha o Ecosistema de Innovación CÍCLiCOM, que aglutina a centros tecnolóxicos, empresas e asociacións co obxectivo conxunto de impulsar a economía circular efectiva dos materiais compostos e, máis concretamente, dos “plásticos complexos”.
O proxecto foi financiado polo programa Ecosistemas de Innovación do CDTI, cuxa pretensión é fomentar a chegada á contorna económica-social de capacidades tecnolóxicas desenvolvidas polos Centros e Institutos Tecnolóxicos de Excelencia “Cervera”, fomentando a súa posta en valor e a contribución á consolidación de ecosistemas innovadores.
A convocatoria está incluída nas actuacións previstas no Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e recibe financiamento de “Next Generation EU” da Unión Europea a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
Cara á reciclaxe dos “composites”
Os materiais compostos, denominados comunmente como ‘composites’, son aqueles formados pola unión de dous ou máis materiais de diferente natureza a fin de conseguir propiedades superiores ás que presentan todos os seus elementos por separado (resistencia, rendemento a alta temperatura, peso, dureza, condutividade etc). Son materiais coma o polipropileno PP, as poliamidas PA, os policarbonatos PC, o poliéster insaturado UP, os poliuretanos PU ou as siliconas SE.
A peculiaridade dos “composites” radica en que, neles, os materiais orixinais manteñen a súa identidade na totalidade do conxunto, pero, dadas as súas características, e unha vez finalizada a súa vida útil, rematan con frecuencia en vertedoiros por non existir alternativas de recuperación técnica e economicamente viables. E neste marco, o proxecto CÍCLiCOM busca precisamente impulsar solucións tecnolóxicas que fagan posible a recuperación e valorización destes materiais compostos, así como a súa posterior reintrodución no ciclo produtivo. Con isto, ademais de reverter positivamente no medio ambiente, permitirá importantes beneficios económicos ás empresas, reducindo os custos con produtos reciclados.
O uso de materiais compostos é frecuente na maioría dos sectores produtivos, incluíndo sectores estratéxicos como o aeronáutico, a automoción, o eléctrico- electrónico e o das enerxías renovables. Forman parte, de feito, de elementos estratéxicos como as pas eólicas, as placas de circuítos impresos ou a estrutura dos avións.
Impulsar a recuperación, valorización e reintroducción no ciclo produtivo dos materiais compostos recuperados,
O proxecto estará, ademais, baseado na colaboración empresarial, tanto dentro como fose do Estado, e traballará na elaboración de “roadmaps tecnolóxicos” específicos para as empresas, que proporcionan unha visión clara e estruturada das tendencias tecnolóxicas relevantes e as oportunidades de desenvolvemento no campo da valorización de residuos plásticos complexos.
Fonte: Retema
Imaxe: Pexels