- Presentouse no Congreso Conserbio, da man da asociación HyT
- www.estudiosdemicroplasticos.es pretende ser un referente na información pública referida a este tipo de contaminante en España
Cerceda, a 31 de outubro de 2023.- A Asociación Hombre y Territorio (HyT), en colaboración co Proxecto LIBERA, presentou “MICRO”, a primeira web que mostra os diferentes proxectos e os seus resultados asociados a estudos de microplásticos en España.
Para o seu desenvolvemento, contouse con diferentes universidades, centros de investigación e organizacións ambientais que analizan un problema aparentemente invisible, pero que xa se localiza en practicamente todos os ecosistemas e contornas. Para isto, HyT xerou unha ferramenta de uso público con acceso a datos, puntos de mostraxe, táboas e resultados, con formatos gráficos e descargables.
SEO/BirdLife, Vertidos Cero, Good Karma e as Universidades de Alcalá, Alacante e a Autónoma de Madrid son algunhas das entidades que achegan datos á plataforma nos seus diferentes estudos: por exemplo, o grupo da Universidade de Alcalá publicou recentemente un traballo sobre microplásticos no aire de Madrid. Pero, ademais, hai datos de mostraxes en praias, en augas subterráneas, en sedimentos de depuradoras e ata en excrementos de londra e outros mamíferos asociados aos ríos.
estudiosdemicroplasticos.es presentouse no marco do VI Congreso Internacional de Biodiversidade e Conservación da Natureza, Conserbio.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera