Noticias
A Natureza, o noso maior tesouro. Coidémola
Hoxe, 18 de outubro, celébrase o Día Mundial da Protección da Natureza a fin de que xuntos avancemos cara á consecución do desenvolvemento sostible e circular; un obxectivo que, inevitablemente, require dun compromiso universal que contemple a loita contra o cambio climático, a educación ambiental, a correcta xestión dos residuos, a preservación da biodiversidade, o solo e os océanos, as enerxías renovables e o uso prudente, racional e eficiente dos recursos, entre outros factores.
En definitiva, unha xornada para reflexionar sobre a achega de todos á protección e conservación dos elementos que nos proporcionan a vida.