- A economía lineal debe dar paso a unha circular, representando esta unha oportunidade única para avanzar cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e os compromisos adquiridos no marco do Acordo de París.
- Elena Ruiz coordinadora deste Grupo, manifestou que “a xestión responsable dos plásticos será unha das accións máis relevantes que as empresas terán que levar a cabo para mellorar a súa competitividade, conservar o medio ambiente e evitar o risco de ter máis plásticos que peixes nos nosos océanos”.
Cerceda, a 12 de novembro de 2019.- O Grupo de Acción en Economía Circular, coordinado por Forética e conformado por dez grandes empresas españolas (Cerealto Siro Foods, Ecoembes, Grupo Antolin, ING, LafargeHolcim, Nestlé, P& G, Rede Eléctrica, Saica e Vía Célere) centrará o seu terceiro ano de traballo na transición empresarial cara á nova economía dos plásticos.
O obsoleto e caduco modelo de economía lineal debe dar paso a unha circular, representando esta unha oportunidade única para avanzar cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e os compromisos adquiridos no marco do Acordo de París.
Segundo o Circularity Gap Report , do World Business Council for Sustainable Development, só o 9,1% de todos os recursos utilizados no noso sistema produtivo se reintroducen de novo no mesmo, coa particularidade de que o pasado 29 de xullo os humanos esgotamos os recursos naturais que a Terra pode rexenerar nun ano.
Neste escenario, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou a posta en marcha, en 2020, do European Green Deal, que formula ambiciosos obxectivos para a sostibilidade en Europa, xa que busca facer de Europa o primeiro continente neutro en carbono en 2050. Entre as súas accións recolle o lanzamento dun novo paquete de medidas en materia de economía circular.
Así as cousas, o Grupo de Acción en Economía Circular seguirá traballando para facer fronte a este desafío e dotar ás empresas das principais ferramentas na materia.
Se ben a súa primeira edición xirou en torno ao business case da economía circular, analizando retos e oportunidades neste ámbito, ademais de colaborar co WBCSD na guía para CEO sobre economía circular, na súa segunda edición o Grupo traballou no ámbito de métricas e indicadores.
Pola súa banda, a terceira edición estará protagonizada pola nova economía dos plásticos e, de forma paralela, o Grupo continuará as súas liñas de colaboración coas administracións públicas e líderes de opinión para contribuír á transición en España cara á economía circular.
Elena Ruiz, coordinadora do Grupo de Acción, manifestou ao respecto que “a xestión responsable dos plásticos será unha das accións máis relevantes que as empresas terán que levar a cabo para mellorar a súa competitividade, conservar o medio ambiente e evitar que, a longo prazo, teñamos o risco de ter máis plásticos que peixes nos nosos océanos”, ao que engadiu que “a boa nova é a reacción e mobilización á que estamos asistindo por parte da comunidade internacional e de todos os grupos de interese involucrados na cadea de valor dos plásticos”.
Fonte: Forética
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación