- Comprar de forma intelixente, servir racións pequenas, diferenciar entre data de caducidade e data de consumo preferente, e optar por froitas e verduras feas, entre as recomendacións.
Cerceda, a 27 de abril de 2020.- Agora e sempre, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura danos 9 consellos básicos para reducir o desperdicio alimentario:
1.- Pon racións pequenas máis pequenas no teu prato. Repite se é necesario, pero non tires a comida.
2.- Cun pouco de imaxinación, podes elaborar interesantes menús a partir das sobras.
3.- Compra de maneira intelixente. Feixe unha lista previa e adquire só o que necesitas.
4.- Compra froitas e verduras “feas”. Teñen as mesmas propiedades nutritivas que as máis “guapas”.
5.- Revisa a túa neveira e consume antes os produtos antigos para evitar que acaben no cubo do lixo.
6.- Practica FIFO (First in, first out). O que antes entra, antes sae.
7.- Comprende as datas da túa comida. Non é o mesmo a data de caducidade que a de consumo responsable. A primeira indica o momento para partir do cal un produto pode supoñer un risco para a saúde; a segunda, o momento no que un produto pode perder propiedades (textura, cheiro, presenza, sabor), pero sen representar un risco para a saúde.
8.- Converte os restos de comida en compost. Se habitas nunha vivenda unifamiliar con terreo, podse elaborar o teu propio abono natural a partir da materia orgánica, devolvéndoa ao solo en forma de nutrientes.
9 .-Compartir é coidar: dar para axudar. Sé solidario, comparte e acórdate desas persoas que non poden ter unha cesta da compra digna.
Fonte e imaxe: FAO