- Así o asegura un recente estudo elaborado pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), en colaboración coa Asociación Española do Cartón Ondulado (AFCO) e o seu selo de calidade para caixa agrícola UNIQ.
- Ao 45% dos enquisados gustaríalle atoparse máis produtos de proximidade, de agricultores locais, e un de cada catro demanda un packaging con menos impacto sobre a contorna.
- A venda a granel no supermercado consolídase como a modalidade de compra predilecta para o 65% dos consumidores, seguida pola froitería a pé de rúa.
Cerceda, a 20 de setembro de 2019.- Segundo un recente estudo elaborado pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), en colaboración coa Asociación Española do Cartón Ondulado (AFCO) e o seu selo de calidade para caixa agrícola UNIQ, o 57% dos consumidores estaría disposto a pagar máis por froitas e hortalizas envasadas nun material respectuoso co medio ambiente.
Entre os cambios e tendencias que se evidencian a través deste traballo, é que, na adquisición de produtos frescos, como é o caso das froitas e hortalizas, e que veñen representar o 13% da cesta da compra do gran consumo, a sostibilidade faise patente como unha das grandes demandas do consumidor. Ao 45% dos enquisados gustaríalle atoparse máis produtos de proximidade, de agricultores locais, e un de cada catro demanda un packaging con menos impacto sobre a contorna.
Tal e como manifestou Leopoldo Santorromán, presidente de AFCO “A sociedade reclama que os frescos cheguen ás tendas en caixas ecolóxicas, que coiden a frescura do produto e ata alonguen a súa vida útil, respectando o planeta e os seus recursos. Os fabricantes de cartón entendemos que os envases deixaron de ser meros contedores de alimentos e poñemos todos os nosos esforzos en desenvolver solucións que contribúan a mellorar a súa calidade, conservación, imaxe e sostibilidade”.
Os datos mostran unha tendencia ao alza no consumo de froita e hortalizas por parte dos españois, toda vez que o 73% consome froita unha ou máis veces ao día, mentres que o 47% come hortalizas a diario. Pola súa banda, o 46% dos enquisados asegura aumentar a súa compra de froitas nos últimos anos, porcentaxe que ascende ao 47% no caso das hortalizas.
A venda a granel no supermercado consolídase como a modalidade de compra predilecta para o 65% dos consumidores, seguida pola froitería a pé de rúa.
Neste sentido, Santorromán sinala que “desde unha perspectiva de competitividade e responsabilidade, a sociedade reclama á industria alimentaria e á distribución comercial que a súa actividade sexa acorde ao proceso de transición cara a unha Economía Circular. É aquí onde destaca o valor dos envases de cartón, adaptados ás necesidades de produtores, distribuidores e consumidores, polo súa funcionalidade e imbatible compromiso medioambiental. O seu carácter de material renovable, reciclable e biodegradable confírelle superioridade fronte a outras opcións de embalaxe”,
SOBRE AFCO
Creada en 1977, a Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de Cartón Ondulado (AFCO) ten por obxecto fomentar a utilización do cartón ondulado no transporte e embalaxe de produtos, así como promover o coñecemento do sector a través da elaboración de estudos e do establecemento de servizos de interese para os seus asociados.
Na actualidade, esta Asociación conta con ao redor de 200 membros.
Nos últimos anos, as embalaxes de cartón ondulado fabricadas en España conseguiron cotas de calidade e prestixio entre as máis altas de Europa, tanto polo seu deseño e versatilidade como pola resistencia que ofrecen.
Fonte e imaxe: AFCO
Saúdos, Departamento de Comunicación