- Así se recolle nun estudo elaborado por Smaaart e no que se desvela que o 44% dos cidadáns xa comprou un teléfono destas características
- A inflación, a incerteza económica e a maior conciencia sobre a protección do medio ambiente constitúen as principais razóns para optar por teléfonos destas características
Cerceda, a 7 de decembro de 2022.- Segundo un estudo realizado por Smaaart (marca especializada en móbiles reacondicionados), a partir dunha enquisa realizada a 1.500 españois entre 18 e 65 anos, a día de hoxe o 44% dos consultados xa comprou un teléfono destas características e o 58% ten intención de facelo proximamente.
A principal razón pola que cada vez máis persoas aposten polos móbiles reacondicionados é o prezo, tal e como afirma o 52% dos consultados. Con todo, hai outros factores tales como a posibilidade de acceder a un móbil de gama alta (para o 36%) e a sostibilidade (para o 38%). En último lugar figura a garantía legal co vendedor (49%), se ben aínda existe certa desconfianza cara a estes dispositivos. De feito, o 32% dos enquisados afirma que o principal freo á hora de adquirir un produto reacondicionado son as dúbidas sobre a fiabilidade e durabilidade, seguido da autonomía da batería (19%). O terceiro motivo, que tamén preocupa ao 17%, é que a garantía sexa moi curta ou non poida realizarse correctamente.
A enquisa revela un avance cara a hábitos de consumo máis responsables, xa que o 66% dos enquisados sitúa o aforro ambiental como unha das tres principais vantaxes á hora de comprar un móbil reacondicionado. “Cada vez máis persoas están dispostas a cambiar os seus hábitos de consumo para lograr un estilo de vida máis respectuoso co planeta. No ámbito da tecnoloxía, unha boa forma de ser sostible é alongando a vida útil dos dispositivos, xa que máis do 80% da pegada ambiental dun aparello electrónico débese á súa fabricación”, explica Jacqueline Pistoulet, country manager de Smaaart en España.
Finalmente, o 39% dos enquisados confía nos portais da internet á hora de adquirir un móbil reacondicionado, mentres que a 33% compra en tendas físicas especializadas e, só o 11%, aposta polas tendas de operadores telefónicos.
Fonte: www.channelpartner.es
Imaxe: Pixabay