- Son as seguintes: transición de terras e bosques, transición cara á agricultura e sistemas alimentarios sostibles, cara a pesquerías e océanos sostibles, transición das cidades e a infraestrutura, da auga doce eda acción cllimática, así como un novo enfoque para a saúde.
- O reporte inclúe a base científica necesaria para un novo marco mundial de biodiversidade post-2020.
Cerceda, a 29 de setembro de 2020.– Malia os logros alcanzados en numerosas áreas, un novo informe de Nacións Unidas asegura que a natureza está a padecer severamente e a súa situación segue empeorando, polo que urxe implementar oito transformacións sistémicas para garantir o benestar humano e protexer o Planeta.
O quinto informe Perspectiva Mundial sobre a Diversidad Biolóxica (GBO-5) proporciona unha visión xeral do estado da natureza, resume o progreso cara ao cumprimento das 20 Metas de Aichi para a Diversidade Biolóxica e ofrece leccións apresas e prácticas exitosas para axudar aos países a mellorar o desempeño.
Con respecto ás Metas de Aichi establecidas en 2010, unha análise baseada nos sextos informes nacionais ao CDB e os últimos achados científicos, mostra que se lograron sete dos 60 elementos que conforman as 20 metas e móstrase progreso noutros 38.
Os informes nacionais ao CDB ofrecen evidencia de que as transicións necesarias para protexer a biodiversidade xa comezaron e que prácticamente todos os países están tomando medidas. O GBO-5 cita varias accións e programas nacionais exemplares, en ausencia dos cales as condicións certamente serían peores (habería maiores extincións, por exemplo). Adicionalmente, as taxas de deforestación continúan caendo, a erradicación de especies exóticas invasoras das illas está aumentando e a conciencia sobre a biodiversidade parece estar en liña ascendente.
O informe chama a transformar unha variedade de actividades humanas a través de oito transicións:
- Transición de terras e bosques: conservar ecosistemas intactos, restaurar ecosistemas, combater e revertir a degradación, e usar a planificación espacial a nivel de paisaxe para evitar, reducir e mitigar o cambio de uso da terra.
- Transición cara a a agricultura sostible: redeseñar os sistemas agrícolas mediante enfoques agroecolóxicos e outras innovacións para mellorar a produtividade e minimizar os impactos negativos sobre a biodiversidade.
- Transición cara a sistemas alimentarios sostibles: facilitar dietas sostibles e saudables cun maior énfase na diversidade de alimentos, na súa maioría de orixe vegetal, e un consumo máis moderado de carne e peixe, así como diminuír drásticamente o desperdicio nas fases de subministración e consumo de alimentos.
- Transición cara a pesquerías e océanos sostibles: protexer e restaurar os ecosistemas mariños e costeiros, recuperar as pesquerías, a xestión da acuicultura e outros usos dos océanos para garantir a sostibilidade e mellorar a seguridade alimentaria e os medios de vida.
- Transición das cidades e a infraestrutura: despregar “infraestrutura verde” e facer espazo para a natureza dentro das paisaxes urbanas para mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns, e reducir a pegada ambiental das cidades e a infraestrutura.
- Transición da auga doce sostible: promover un enfoque integrado que garanta os caudaid de auga requiridos pola natureza e as persoas, que mellore a calidade do auga, que protexa os hábitats críticos, que controle as especies invasoras e salvagarde a conectividade para permitir a recuperación dos sistemas de auga doce desde as montañas ata as costas.
- Transición de acción climática sostible: impulsar as solucións baseadas na natureza, xunto cunha rápida eliminación do uso de combustibles fósiles, para reducir a escala e os impactos do cambio climático, á vez que se proporcionen beneficios para a biodiversidade e outros Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- Transición do enfoque Unha saúde que contemple a biodiversidade: xestionar os ecosistemas, incluídos os agrícolas e urbanos, así como o uso da vida silvestre a través dun enfoque integrado que promova a saúde das persoas e os ecosistemas.
O GBO-5 subliña a importancia da biodiversidade para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible establecidos en 2015 e o Acordo de París. Os achados do informe presentaranse aos xefes de Estado e de Goberno no Cume sobre a Biodiversidade da ONU mañá, 30 de setembro
O informe tamén terá un impacto importante no proceso en curso para crear as novas metas mundiais de biodiversidade 2021-2030, como parte do marco posterior a 2020 do CDB. Ese marco, agora en negociación, considerarase na 15a reunión da Conferencia das Partes (COP-15) do CDB, en Kunming, China, en 2021.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay