- Segundo o estudo realizado por More Than Research para Naturaliza, a educación ambiental é unha dos ensinos máis valorados polos proxenitores, considerada como un factor de mellora na educación dos seus fillos polo 64% dos enquisados.
Cerceda, a 3 de setembro de 2021.- O mes de setembro caracterízase en boa medida polo comezo do curso académico e a volta ás aulas de milleiros de nenos e nenas en toda España.
Tras outro ano escolar marcado pola pandemia, a importancia que a sociedade está a dar ás cuestións ambientais na súa escala de valores foi subindo postos. O mundo da educación non é alleo a esta realidade e estanse dando pasos importantes para impulsar a educación ambiental dentro dos colexios.
Tamén está a cobrar protagonismo a implicación de pais e nais. Segundo o estudo “A educación ambiental na contorna familiar”, realizado por More Than Research para Naturaliza, o proxecto de educación ambiental promovido por Ecoembes, preto do 73% (concretamente, o 72,7%) dos proxenitores enquisados consideran clave que nos colexios se imparta educación ambiental á hora de escoller un centro para os seus fillos.
Este estudo tamén recolle que aprender en valores ambientais contribúe á mellora do ensino e a formación educativa xeral dos máis pequenos, segundo manifesta o 64% dos pais. Ademais, 6 de cada 10 afirma que a aprendizaxe de temáticas relacionadas co medio ambiente esperta a curiosidade e a motivación nos seus fillos e fillas.
Así, neste contexto no que o interese das familias e a inquietude dos escolares coa contorna natural e a súa preservación é cada vez maior, Naturaliza, o proxecto de educación ambiental de Ecoembes, promove que o medio ambiente forme parte do día a día nas aulas do alumnado de todo o país, ofrecendo formación aos docentes e unha ampla biblioteca de recursos -máis de 2.000- para quen queira ensinar cun enfoque ambiental.
Máis información en www.naturalizaeducacion.es
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pexels