- Atendendo á idade, o segmento de poboación que compra máis artigos sostibles atópase entre os 26 e os 35 anos (82,33%).
- O “Informe sobre Sostibilidade e Consumo Sostible” de eBay, conclúe que un dos modos máis recomendados para iniciarse nos hábitos sostibles é a compra de produtos de segunda man e o uso de reacondicionados.
Cerceda, a 18 de maio de 2020.- Conforme aos resultados do "Informe sobre Sostibilidade e Consumo Sostible" de eBay, dados a coñecer no marco da celebración do Día Internacional da Reciclaxe, o 77,06% dos españois afirma consumir produtos sostibles.
Por sexos, o 77,55% son mulleres e o 76,69%, homes. Atendendo á idade, o segmento de poboación que compra máis artigos sostibles atópase entre os 26 e os 35 anos (82,33%).
As razóns esgrimidas polos que manifestan non comprar produtos sostibles son o prezo (16,10%), o descoñecemento (11,65%), a desconfianza respecto da súa sostibilidade real (11,10%) ou a dificultade á hora de atopalos (5,18%).
O estudo, realizado a 2.000 persoas de entre 18 e 65 anos o pasado mes de marzo, precisa que un 51,15% da poboación manifestar adquirir produtos sostibles desde fai máis dun ano, demandando en maior medida os de alimentación (47,44%), produtos locais e/ou de proximidade (38,51%) e o transporte público (35,26%).
Así mesmo, o 31,27% dos enquisados optan por alternativas que evitan ou minimizan a produción de residuos tales como botellas reutilizables ou tuppers.
En canto á frecuencia coa que se compra estes produtos, un 3,81% di facelo diariamente; un 23,23%, semanalmente; un 22,83%, unha ou dúas veces ao mes; e o resto, moi pouco (23,34%) ou nunca (15,72%).
O informe conclúe que un dos modos máis recomendados para iniciarse nos hábitos sostibles é a compra de produtos de segunda man e o uso de reacondicionados.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay