- Así se recolle nun estudo realizado por More Then Research, onde tamén se deixa constancia da importancia que os proxenitores dan á formación dos profesorados en temas ambientais, declarándoo así o 81% dos enquisados.
- Hoxe conmemórase o Día Mundial dos Docentes baixo o lema “Os docentes no centro da recuperación da educación”, lembrando o importante papel desempeñado por estes durante a pandemia, conseguindo adaptarse a un contexto sociosanitario sen precedentes.
Cerceda, a 5 de outubro de 2021.- Hoxe conmemórase o Día Mundial dos Docentes baixo o lema “Os docentes no centro da recuperación da educación”. Con esta efeméride, designada pola UNESCO, búscase visibilizar e poñer en valor o papel que desempeña o profesorado e fomentar a reflexión sobre os retos aos que debe enfrontarse, constituíndo un colectivo crucial na sociedade.
Segundo revela o estudo “A educación ambiental na contorna familiar”, elaborado por More Than Research para Naturaliza, os docentes xogan un papel importante no coidado do medio ambiente para o 78% dos proxenitores, os cales reivindican, aplauden e recoñecen o labor do profesorado na formación e a concienciación dos máis pequenos.
Neste sentido, é necesario ter moi presente que a pandemia marcou un antes e un despois na educación, que tivo que reinventarse e adaptarse a un novo contexto sociosanitario. Nunhas circunstancias sen precedentes, moitos docentes, ademais de adecuar a actividade, impulsaron o seu compromiso coa educación ambiental, nunha clara aposta por inculcar entre os seus alumnos e alumnas a importancia de coñecer, coidar e respectar a contorna natural e a natureza.
Este mesmo estudo tamén recolle a importancia que os pais e nais dan á formación dos profesores en temas ambientais, declarándoo así o 81% dos enquisados.
Fonte: Ecoembes
Mensaxe conxunta da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, o Sr. Guy Ryder, Director Xeral da Organización Internacional do Traballo, a Sra. Henrietta H. Fore, Directora Executiva do UNICEF, e o Sr. David Edwards, Secretario Xeral da Internacional da Educación, con motivo do Día Mundial dos Docentes:"No Día Mundial dos Docentes non só rendemos homenaxe a todos os educadores. Pedimos aos países que invistan neles e lles dean prioridade nos esforzos mundiais de recuperación da educación para que todos os alumnos teñan acceso a un docente cualificado e apoiado. Apoiemos aos nosos docentes!"
Fonte: UNESCO
Imaxe: Pexels