- Valoran os produtos papeleiros cun 7,8 sobre 10 e as súas características máis apreciadas son a reciclabilidade (8,5) e a biodegradabilidade (8,1).
- O 97% considera os envases de papel e cartón máis ecolóxicos e o 88% afirma depositalos no contedor azul para propiciar a súa reciclaxe.
- Así mesmo, o 80% móstrase a favor da convivencia do libro en papel e o electrónico.
Cerceda, a 2 de marzo de 2021.- Segundo a Enquisa do Papel 2020 realizada por SIGMADOS para a cadea de valor do papel, o 85% dos consumidores quere que o uso de produtos papeleiros se incremente, substituíndo a outros materiais (65%) ou se manteña (20%).
Os produtos papeleiros obteñen unha alta valoración (7,8 sobre 10), sendo as súas características máis apreciadas a reciclabilidade (8,5) e a biodegradabilidade (8,1), así comao feito de que se adaptan ben ás funcións para as que se utilizan (8) e a seguridade do seu uso (7,9).
Unha tendencia que irrompe con forza é a certificación forestal, xa que o 82% dos enquisados manifesta a súa preferencia por produtos con certificación forestal. Son maioría os que consideran que o cultivo de madeira en plantacións mantén ou mellora os recursos forestais (57%), xa que se plantan os mesmos (28,9%) ou máis (28,1%) árbores. Así mesmo, o 88% afirma depositar o seu papel no contedor azul, sendo a reciclaxe o tema sobre o que maior demanda de información hai por parte dos cidadáns
O 97% considera os envases de papel e cartón máis ecolóxicos (97,4%), máis agradables (85%), de maior calidade (67,7%) e máis cómodos (58,4%) que outros tipos de envases, coa particularidade de que son os preferidos nas compras por internet (76% dos compradores en liña).
En comparación co libro en formato dixital, califícanse o libro en formato papel máis agradable (82,3%), de maior calidade (72,9%) e máis cómodo (66,4%). O 79,6% dos enquisados pronúnciase a favor da convivencia do libro en papel co libro electrónico.
A bolsa de papel é a opción preferida no supermercado (54,8%). O 73,4% compraría os refrescos en envases de cartón e o 79,9% os produtos de limpeza.
Tamén unha alta porcentaxe de consumidores (o 76,7%) afirma estar disposto a utilizar novos produtos papeleiros como pajitas; cápsulas monodose de café; bandexas alimentarias, para restauración, cátering e comida para levar; bolsas de supermercado, etc.
Igualmente, apoian a investigación e desenvolvemento neste ámbito, e o 87% afirma estar disposto a utilizar futuros produtos papeleiros como embalaxes intelixentes, baterías de papel, cosméticos e mediciñas a base de celulosa, etc.
A consideración dos produtos de papel e cartón como esenciais é amplamente aceptada, especialmente para os papeis hixiénicos e sanitarios (8,99 sobre 10), os envases e embalaxes para alimentos, bebidas e mediciñas (7,64), e os papeis gráficos para libros, xornais e revistas (6,60).
Fonte e imaxe: www.graciaspapel.es