- Viaxou a Cerceda para coñecer a xestión dos residuos por parte desta empresa pública e a operativa aplicada para garantir un tratamento dos mesmos eficiente e sostible
Cerceda, a 29 de xaneiro de 2025.- Estudantes de Formación Profesional de Nigrán (Pontevedra) viaxaron a Cerceda para coñecer e adentrarse nos procesos técnicos cos que conta o Complexo Medioambiental de Sogama para xestionar e tratar os residuos de forma eficiente e sostible.
A través dun percorrido inmersivo con lentes 360º, puideron ver a operativa da planta de clasificación de envases lixeiros, onde chegan os envases de plástico, as latas e os briks recollidos a través do contedor amarelo para a súa segregación por tipoloxías e posterior envío aos centros recicladores, así coma o tratamento ao que se somete a bolsa negra ou fracción resto, da que se separa a parte reciclable para remitir á industria transformadora e se valoriza enerxeticamente a non reciclable, é dicir, convértese en enerxía eléctrica,, evitando que acabe en vertedoiro.
Un traballo no que se empregan as tecnoloxías máis modernas e innovadoras para que a actividade desta infraestrutura, non só sexa eficaz, senón totalmente respectuosa co medio ambiente e a saúde.
Os mozos puideron gozar igualmente dunha sesión lúdica interactiva e participar nun coloquio no que trasladaron as súas inquietudes, comentarios e observacións.
Saúdos, Departamento de Comunicación