- Terá lugar mañá, 1 de outubro, vía online e no mesmo daranse a coñecer as características desta convocatoria, tendo os participantes a oportunidade de manter reunións cos responsables de cada área para revisar as súas ideas de propostas.
- O orzamento dedicado a esta convocatoria é duns 1.000 millóns de euros. O prazo para a presentación de propostas arrincou o pasado 22 de setembro e estará aberto ata o 26 de xaneiro de 2021.
Cerceda, a 30 de setembro de 2020.- A Comisión Europea aprobou unha nova convocatoria de propostas do Programa Horizonte 2020 dedicada ao Pacto Verde Europeo (EU Green Deal), que ten como obxectivo mobilizar a investigación e a innovación para dar resposta á crise climática e axudar a protexer os ecosistemas e a biodiversidade europeos.
Co propósito de dar a coñecer, de forma detallada, as características desta convocatoria, mañá,1 de outubro, o CDTI organiza un webinar onde se enunciará e explicará cada unha das 10 áreas, 8 delas temáticas e 2 horizontais, desta convocatoria:
- Increasing climate ambition
- Clean, affordable and secure energy
- Industry for a clean and circular economy
- Energy and resource efficient buildings
- Sustainable and smart mobility
- Farm to fork
- Biodiversity and ecosystems
- Zero-pollution, toxic-free environments
- Strengthening our knowledge in support of the EGD
- Empowering citizens for the transition towards a climate neutral, sustainable Europe.
Durante a celebración deste evento online, os participantes poderán manter reunións cos responsables de cada área para revisar as súas ideas de propostas.
O orzamento dedicado a esta convocatoria é duns 1.000 millóns de euros. O prazo para a presentación de propostas arrincou o pasado 22 de setembro e estará aberto ata o 26 de xaneiro de 2021.
O CDTI é o órgano da Administración Xeral do Estado que apoia a innovación baseada no coñecemento, asesorando e ofrecendo axudas públicas á innovación mediante subvencións ou axudas parcialmente reembolsables.
Tamén internacionaliza os proxectos empresariais de I+D e innovación de empresas e entidades españolas, e xestiona a participación española nos organismos internacionais de I+D+I, como Horizonte 2020 e Eureka, e nas industrias da Ciencia e o Espazo.
Adicionalmente, a través da iniciativa Innvierte Economía Sostible, apoia e facilita a capitalización de empresas tecnolóxicas.
Fonte e imaxe: CDTI