- Esta consulta en liña está orientada aos representantes das autoridades locais e rexionais e aos seus asociados interesados, á vez que se invita a contribuír a expertos, funcionarios das institucións da Unión Europea e grupos de reflexión.
- Dada a crise de COVID-19, o relator de ENVE chama a atención sobre o dependentes que somos dos recursos, dentro e fóra de Europa, e pregúntase tamén que leccións podemos aprender desta urxencia sanitaria que deberemos ter en conta para avanzar cara a unha sociedade nova, circular e xusta.
Cerceda, a 8 de abril de 2020.- O Comité Europeo das Rexións (COR), a través da súa Comisión de Medio Ambiente, Cambio Climático e Enerxía (ENVE), lanzou unha consulta escrita ás partes interesadas co fin de contribuír á preparación do seu próximo dictame sobre o novo Plan de Acción de Economía Circular (PAEC), publicado pola Comisión Europea o pasado 11 de marzo como parte do Acordo Verde Europeo.
Con este Plan, a CE trata de ampliar o alcance da economía circular ata os principais axentes económicos, contribuír a lograr a neutralidade climática para 2050 e disociar o crecemento económico do uso dos recursos.
Esta consulta en liña está aberta aos representantes das autoridades locais e rexionais e aos seus asociados interesados, á vez que se invita a contribuír a expertos, funcionarios das institucións da Unión Europea e grupos de reflexión.
Para enmarcar os debates, o COR comparte o seu documento de traballo da comisión ENVE, que contén algunhas preguntas xerais e outras máis específicas estructuradas en torno a catro temáticas:
- Papel das autoridades locais e rexionais na consecución dunha economía circular.
- Cambio no sistema económico.
- Non hai desperdicio, só hai recursos.
- Establecemento de obxectivos/lexislación marco.
Dada a crise de COVID-19, o relator de ENVE chama a atención sobre o dependentes que somos dos recursos, dentro e fóra de Europa, e pregúntase ademais que leccións podemos aprender desta urxencia sanitaria que deberemos ter en conta para avanzar cara a unha sociedade nova, circular e xusta.
En función de como evolucione a pandemia do coronavirus, o calendario de traballo do actual dictame de ENVE é o seguinte: está previsto que o documento se debata na reunión da Comisión do 8 de xuño e que o proxecto de dictame se aprobe na reunión do 9 de setembro. A votación final será no Pleno do 13 e 14 de outubro de 2020.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Comité de las Regiones