- Farao en colaboración con Sogama, quen xa subministrou ao ente local medio cento de composteiros, así como igual número de manuais didácticos a repartir entre as familias participantes.
Cerceda, a 21 de xuño de 2021.- O Concello de Cee (A Coruña), coa colaboración de Sogama, decidiu estender a compostaxe doméstica a 50 novos fogares, sumando un total de 80 as vivendas unifamiliares participantes nesta iniciativa. Condición indispensable é que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante, pechando así o ciclo de recuperación da materia orgánica, que regresa á terra en forma de fertilizante natural.
Sogama xa subministrou ao ente local medio cento de composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, así como manuais didácticos que serán entregados a cada familia co fin de que poidan utilizalos a modo de consulta, xa que nos mesmos recóllese todo o proceso de compostaxe: onde debe emprazarse o composteiro, que debe depositarse no mesmo e que non, como facer o seguimento do proceso de fermentación da materia orgánica, así como a importancia de controlar parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.
Unha vez que se complete a listaxe de participantes, un técnico de Sogama, en coordinación con el Concello, impartirá un curso de formación presencial en Cee onde se explicará a operativa a seguir e darase resposta ás distintas consultas e dúbidas trasladadas polos asistentes.
Ademais, os interesados poderán reforzar os seus coñecementos a través do sitio web www.compostaconsogama.gal.
Con esta nova fase do programa de autocompostaje, o ente local confía en alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Saúdos, Departamento de Comunicación