- O fallo do xurado fíxose público o pasado 5 de xuño, coincidindo coa conmemoración do “Día Mundial do Medio Ambiente”.
- O 1º premio e Top Cervo foise para Antonio Herrera Huerta, coa súa instantánea “Embalase de Río Cobo”, e, o segundo, para Iván Alperi López, coa súa obra “Vigía”.
Cerceda, a 9 de xuño de 2020.- O tradicional concurso de fotografía ambiental “Cervo Respecta 2020”, que este ano alcanzou a súa X edición, e no que veu colaborando Sogama, xa ten gañadores.
O prazo para presentar as candidaturas concluíu o pasado 29 de maio e o fallo do xurado, conformado por tres membros competentes na materia que participaron nesta iniciativa a través de voto telemático, fíxose público o pasado 5 de xuño, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A convocatoria contemplaba tres premios, sendo o terceiro o “Top Cervo” á mellor fotografía na que se identificase claramente un espazo natural deste municipio lucense.
Tal e como explicou no seu momento a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, os candidatos podían presentar un máximo de dúas fotografías centradas no medio ambiente, inéditas e orixinais, correspondentes a calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, debían retratar a natureza viva e que a imaxe servirá de exemplo de conservación do noso medio.
O 1º premio e Top Cervo foise para Antonio Herrera Huerta, coa súa instantánea “Embalase de Río Cobo”, e, o segundo, para Iván Alperi López, coa súa obra “Vigía”.
Ambos foron obsequiados con figuras de Cerámica de Sargadelos.
Saúdos, Departamento de Comunicación