![El Congreso Mundial ISWA 2019 llega a España El Congreso Mundial ISWA 2019 llega a España](/sites/default/files/noticias/image/2022-08/Imagen%2520ISWA.jpg)
- Celebrarase en Bilbao do 7 ao 9 de outubro na que será a súa edición número 29, prevendo a asistencia de 1.200 expertos procedentes de distintos puntos do mundo que analizarán as novas tendencias e tecnoloxías en materia de residuos.
- ATEGRUS é o Membro Nacional de ISWA en España que desempeñará un papel crucial na organización e materialización deste evento.
- O congreso desenvolverase a través dun programa científico centrado na xestión sostible dos residuos, a economía circular e a eficiencia dos recursos, cobrando protagonismo as cidades sostibles, as novas tecnoloxías ambientais, a innovación dixital, o cambio climático, a innovación social e o lixo mariño.
- Ata o próximo 12 de febreiro, estará aberto o prazo para que os interesados poidan presentar o seu abstract. Con tal fin, deben darse de alta no Centro de Autores do sitio web https://iswa2019.org/abstracts/
Cerceda, a 6 de febreiro de 2019.- Considerado como o evento líder e máis importante do mundo en xestión de residuos sólidos, o ISWA World Congress 19, na que será a súa edición número 29, celebrarase o próximo mes de outubro (do 7 ao 9) en Bilbao, e máis concretamente no Centro de Conferencias Euskalduna, prevendo a asistencia de 1.200 expertos procedentes de distintos puntos do mundo, isto é, profesionais do sector, industriais, cargos políticos, altos executivos e responsables da toma de decisións, investigadores, empresarios, así como persoal gobernamental especializado na xestión de residuos, que analizarán as novas tendencias e tecnoloxías na materia.
Ata o próximo 12 de febreiro, estará aberto o prazo para que os interesados poidan presentar o seu abstract. Con tal fin, deben darse de alta no Centro de Autores do sitio web https://iswa2019.org/abstracts/
O congreso desenvolverase a través dun programa científico centrado na xestión sostible dos residuos, a economía circular e a eficiencia dos recursos, dando protagonismo a áreas tales como as novas tecnoloxías, a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), a recuperación enerxética da fracción non reciclable, o cambio climático, o lixo mariño e a responsabilidade ambiental, entre outras.
ÁREAS TEMÁTICAS
As temáticas a abordar integraranse en grandes apartados tales como cidades sostibles (limpeza de lugares públicos; redución, reutilización e reciclaxe; recollida e transporte; fin de ciclo de vida; xestión do téxtil; residuos de envases; valorización enerxética; biorresiduos, minería urbana, etc); tecnoloxías na xestión de residuos (I+D+i, robótica, tratamento biolóxico, residuos perigosos, recuperación enerxética, eficiencia); innovación dixital (Big data, intelixencia artificial, internet das cousas, cuarta revolución industrial en WM); cambio climático (empregos verdes, novas oportunidades, economía baixa en carbono, problemática da elevada produción de residuos); innovación social (educación e comunicación; xestión de residuos sanitarios; consumo sostible; xestión de residuos en países emerxentes; gobernanza e asuntos legais; planificación da xestión de residuos; financiamento; novas cidades de transición); e lixo mariño (evitar o vertido incontrolado, tipoloxías de residuos plásticos que chegan aos océanos, microplásticos, plásticos reciclados).
Así mesmo, ISWA 2019 disporá dunha zona de exposición onde empresas, institucións e organizacións contarán cun espazo para presentar os seus produtos e servizos a máis dun milleiro de potenciais clientes.
UN PLANETA SEN RESIDUOS E CON RECURSOS
Esta é a fisolofía de ISWA. Lograr un planeta no que os residuos se vexan reducidos a mínimos, se recollan, se reciclen e se traten de forma axeitada e conforme á normativa vixente, asegurando así un medio ambiente limpo e saudable.
Neste marco, a súa misión é precisamente promover e desenvolver unha xestión axeitada dos residuos que contemple unha produción e consumo sostibles, así como unha maior eficiencia dos recursos, que dea apoio a economías emerxentes e en desenvolvemento, que priorice a educación e a formación ambiental e que promueva as mellores tecnoloxías dispoñibles.
ATEGRUS, Asociación Técnica Española para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente, é o Membro Nacional de ISWA en España que desempeñará un papel crucial na organización e desenvolvemento deste evento.
Toda a información en https://iswa2019.org/
Saúdos, Departamento de Comunicación