-
Substitúe á actual Directiva e amplía o seu ámbito de aplicación a todo tipo de bens comercializados na UE
-
O Regulamento introduce novos requisitos tales como, entre outros, a durabilidade, a reutilización, a actualización e a reparación, contemplando igualmente normas sobre a presenza de substancias que impiden a circularidade
-
Así mesmo, inclúe unha prohibición directa da destrución de produtos téxtiles e calzado non vendidos
Cerceda, a 29 de maio de 2024.-O Consello da UE adoptou esta semana o Regulamento sobre Deseño Ecolóxico, que substitúe á actual Directiva e amplía o seu ámbito de aplicación a todo tipo de bens comercializados no mercado da UE. Igualmente, introduce novos requisitos tales como a durabilidade, a reutilización, a actualización e a reparación, así como normas sobre a presenza de substancias que impiden a circularidade; a eficiencia no uso da enerxía e dos recursos, o contido reciclado, a refabricación e a reciclaxe; a pegada de carbono e a pegada ambiental; e requisitos de información, en particular un pasaporte dixital do produto.
Así mesmo, o novo Regulamento introduce unha prohibición directa da destrución de produtos téxtiles e calzado non vendidos (excluirase temporalmente ás pemes) e adaptarase tamén ao Regulamento de Servizos Dixitais no que respecta a os produtos vendidos en liña, facultando á Comisión para introducir nas futuro prohibicións similares relacionadas con outros produtos.
Os criterios de deseño ecolóxico serán aplicables na contratación pública para incentivar a adquisición de produtos ecolóxicos.
Unha vez que os presidentes do Parlamento Europeo e do Consello teñan asinado o Regulamento, publicarase no Diario Oficial da Unión Europea e entrará en vigor aos vinte días da súa publicación, sendo aplicable vinte e catro meses despois da súa entrada en vigor.
“Co Regulamento sobre Deseño Ecolóxico creamos os incentivos axeitados para que a industria adopte unha formulación circular desde o momento en que concibe o deseño dos produtos que ten previsto producir e vender na UE”, asegurou Pierre-Yves Dermagne, viceprimeiro ministro e ministro de Economía e Traballo de Bélxica.
Fonte: Consello da Unión Europea
Imaxe: Pexels