- Esta infraestrutura ubicarase no Polígono de Mata-Rocafonda de Mataró, constituíndo unha iniciativa pioneira en Europa, disruptiva e innovadora, que foi concibida íntegramente baixo criterios de sostibilidade, tanto a nivel de deseño como de técnica constructiva, representando un claro exemplo conceptual e práctico en materia de economía circular.
- O proxecto está dotado cun orzamento, para a súa primeira fase, de 6,5 millóns de euros.
- A primeira licitación, cun desemboloso aproximado de 500.000€, xa está en marcha, prevendo que as obras de preparación e adecuación do emprazamento do edificio poidan iniciarse no mes de outubro, momento no que arrincará a licitación administrativa das obras de edificación.
Mataró, a 8 de setembro de 2020.- A Xunta Xeral do Consorcio para o Tratamento de RSU do Maresme aprobou, no transcurso da Xunta Xeral celebrada o pasado 15 de xullo, o proxecto constructivo da 1ª fase do novo Parque Circular Mataró-Maresme, que se ubicará no Polígono de Mata-Rocafonda de Mataró
A iniciativa, pioneira en Europa, está dotada cun orzamento, para a súa primeira fase, de 6,5 millóns de euros e será unha referencia en Economía Circular desde a colocación da primeira pedra. Cun carácter disruptor e innovador, foi concibida íntegramente baixo criterios de sostibilidade, tanto a nivel de deseño como de técnica constructiva, sendo un claro exemplo conceptual e práctico en materia de economía circular.
REFACENDO CONCIENCIAS
O “Espazo Refacer” constitúe a área máis emblemática desta 1ª fase. Trátase dun conxunto de servizos gratuitos orientados á cidadanía e destinados á prevención e redución da produción de residuos, a reparación e a preparación para a reutilización e cunha clara vocación de integración social.
O "Espai Refer" (Espazo Refacer) incluirá labores de asesoramento ás persoas interesadas para a autorreparación en diferentes ámbitos (informática e aparellos electrónicos, carpintería e mobiliario, bicicletas, téxtil, bricolaxe doméstica, etc.), así como formación e impartición de charlas, espazo de intercambio e tenda de produtos de segunda man, hortos sociais, boas prácticas para combater o desperdicio alimentario, Scrap Store, biblioteca das cousas, servizo de vaixela reutilizable, etc., e todas aquelas actividades de carácter social que sexan viables e que estean vinculadas ás temáticas abordadas.
INVESTIMENTO DE 6,5 MILLÓNS PARA PROMOVER A ECONOMIA CIRCULAR
Cun orzamento construtivo de 6,5 millóns de euros, o Parque Circular Mataró-Maresme caracterízase pola súa singularidade, pois, máis aló do seu excepcional deseño, realizado por Julià Arquitectes Associats, convértese en único e innovador ao incluír actuacións específicas que enxalzan os valores da economía circular e aborda cuestións de gran transcendencia como son a eficiencia en xestión enerxética do edificio, o control do ciclo da auga, a selección estratéxica dos seus materiais, a protección da saúde e o benestar dos seus usuarios, e a promoción da biodiversidade ambiental.
E todo isto a través dunha concepción construtiva e de servizo que se aproxima aos obxectivos NZEB (Nearly Zero Energy Building) formulados polas directivas europeas, xerando desta forma un importante valor engadido desde o punto de vista arquitectónico e ambiental.
Así, o novo edificio da 1ª fase quere manifestar un cambio de paradigma tamén necesario no sector da construción, toda vez que utiliza materiais "feitos para ser feitos de novo", con menor consumo de enerxía ao introducir solucións de control pasivo para unha maior eficiencia enerxética ao longo da vida útil do edificio, utilizando igualmente varios sistemas de enerxía renovable.
Desde a dimensión arquitectónica, a proposta tamén quere normalizar a presenza de materiais e/ou elementos aproveitados e/ou recuperados na construción e o equipamento do propio edificio, integrándoos na sociedade.
Plantéxase unha visibilización desacomplexada dos diferentes sistemas estructuraos e construtivos, así como de acondicionamento e servizos do edificio a fin de comunicar a usuarios e visitantes o seu funcionamento. Trátase dunha estratexia pedagóxica coa que se intentará explicar aos distintos grupos sociais os valores inmersos na propia construción como exemplo do papel que un "edificio circular" pode cumprir a nivel social e ambiental nun contexto de crise climática.
O edificio levantarase nos antigos terreos que ocupaba a Cooperativa Obreira Cristalerías de Mataró (1919 a 2008). Unha das apostas de aproveitamento e reciclabilidade é a utilización de elementos presentes no propio solar, intentando con isto conectar coa propia biografía e espírito da parcela. A modo de exemplo, cabe destacar que se aproveitarán, para a coloración dos pavimentos interiores, os áridos de vidro desmenuzado de varias cores, un residuo da antiga fábrica acumulado na propia parcela.
Tanto as obras de preparación e adecuación do emprazamento da 1ª fase, como as de construción do edificio, sacaranse a concurso público. A primeira licitación, cun orzamento aproximado de 500.000€, xa está en marcha, prevendo que os traballos poidan iniciarse no mes de outubro, momento no que arrincará a licitación administrativa das obras de edificación.
Fonte e imaxe: Consorcio do Maresme