- Con todos os países inmersos en conter a pandemia de coronavirus COVID-19 e centrados en mitigar os seus negativos efectos sobre economía mundial, decidiuse pospoñela e dar máis tempo aos Estados para prepararse.
- Algúns inversores, diplomáticos e activistas deron a bienvenida a esta aprazamento argumentando que permitiría chegar a un resultado máis exitoso.
Cerceda, a 3 de abril de 2020.- A pandemia do COVID obrigou á ONU e Reino Unido a pospoñer para 2021 o Cume do Clima, prevista para o próximo mes de novembro (entre os días 9 e 18) en Glasgow (Escocia). Así se acordou nunha videoconferencia mantida pola máxima responsable da ONU para o cambio climático, Patricia Espinosa, con responsables de Reino Unido e os seus socios italianos.
Confiábase en que a COP26 renovase o compromiso internacional do acordo negociado en París 2015 e que tiña por obxecto estabilizar o clima da Terra. Non obstante, con todos os países inmersos en conter a pandemia de coronavirus COVID-19 e centrados en mitigar os seus negativos efectos sobre a economía mundial, decidiuse pospoñela e dar máis tempo aos Estados para prepararse.
Algúns inversores, diplomáticos e activistas deron a bienvenida a este adiamento argumentando que permitiría aos Gobernos alcanzar un resultado máis exitoso do que sería posible nunha situación de pandemia global e a axitación dos mercados financeiros.
A máxima responsable da ONU para o cambio climátic, chamou ás nacións a impulsar significativamente a ambición climática en liña co Acordo de París.
Pola súa banda, o ministro italiano de Medio Ambiente e Protección da Terra e o Mar, Sergio Costa, defendeu que a loita contra cambio climático require "dunha acción forte, global e ambiciosa" e reiterou o seu compromiso con a celebración do evento 'Mocidade polo clima'.
Tamén a presidenta da COP25, a ministra Carolina Schmidt, asegurou que o adiamento do Cume "é unha medida necesaria para protexer a todos os delegados e observadores".
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay