- Así se desprende dun estudo elaborado por investigadores da Cátedra UNESCO de ESCI-UPF, a Universidade de Cantabria, o Centro Tecnolóxico EnergyLab e a Pontificia Universidade Católica de Perú.
- Se se comparan os resultados co mesmo período do ano anterior, concluiríase que comemos peor e desperdiciamos máis alimentos.
- Así mesmo, o contido nutricional baixou entre un 6% e un 8%, o impacto económico foi do 11% e as emisións de gases de efecto invernadoiro creceron un 10%.
Cerceda, a 16 de xullo de 2020.- Un estudo elaborado por investigadores da Cátedra UNESCO de ESCI-UPF, a Universidade de Cantabria, o Centro Tecnolóxico EnergyLab e a Pontificia Universidade Católica de Perú analizou o impacto que o COVID-19 tivo sobre a perda e desperdicio de comida.
En concreto, o traballo centrouse no período comprendido entre o 9 de marzo e o 12 de abril, analizando a xestión dos residuos alimentarios nos fogares españois desde unha dimensión ambiental, económica e nutricional. Os datos obtidos os primeiros días son previos á corentena, estendéndose a investigación ata catro semanas despois.
O estudo baséase na análise de ciclo de vida, que permite avaliar as emisións de gases de efecto invernadoiro a toda a cadea de subministración (desde a produción do alimento ata o consumo e a xestión do residuo), contemplándose 57 tipos de comidas e bebidas para poder indagar nos cambios na dieta, o aporte nutricional e o impacto na economía familiar.
Se se comparan os resultados co mesmo período do ano anterior, concluiríase que comemos peor e desperdiciamos máis alimentos que en 2019. Observouse un aumento do 12% na xeración de residuos alimentarios, o contido nutricional baixou entre un 6% e un 8%, o impacto económico foi do 11% e as emisións de gases de efecto invernadoiro creceron un 10%.
Conclúese así a necesidade de apoiar máis ao sector primario para acurtar a cadea de subministración e reducir a presión sobre os recursos naturais.
Así mesmo, indícase que a redución de residuos de alimentación e os impactos ambientais e económicos negativos resólvense co consumo de produtos locais, frescos e de tempada, circunstancia que tamén se traduce nunha mellor atención nutricional sobre a poboación.
Igualmente, alúdese á conveniencia de habilitar axudas ao sector primario para adaptarse a novos escenarios mediante a dixitalización, a planificación da economía ou a adaptación do etiquetado.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay