- António Guterres manifestou que, a tenor dos datos dispoñibles, todo parece indicar que o período 2015-2019 será o de temperaturas máis elevadas.
- Sinalou que a súa intención é mobilizar recursos para o Cume sobre a Acción Climática que terá lugar en Nova York o próximo mes de setembro.
- Considera que a crise climática fai esencial que os países cumpran os compromisos adquiridos no Acordo de París.
Cerceda, a 28 de agosto de 2019.- No marco do Cume do G7, António Guterres, Secretario Xeral da ONU, apelou a unha maior vontade para loitar contra o cambio climático e asegurou que se conta coas ferramentas necesarias para facer fronte á crise climática, pero necesítase máis compromiso por parte dos Estados.
En declaracións á prensa, sinalou que a súa intención é mobilizar recursos para o Cume sobre a Acción Climática que terá lugar en Nova York o próximo mes de setembro.
Así mesmo, recordou que o pasado mes de xullo foi o máis quente desde que se teñen rexistros e manifestou que, a tenor dos datos dispoñibles, todo parecer indicar que o período 2015-2019 será o de temperaturas máis elevadas. Neste sentido, alertou que o glaciar de Groenlandia, o segundo máis grande do planeta, derrétese de forma alarmante e que só en xullo fundíronse 179.000 millóns de toneladas de xeo.
Referiuse tamén aos informes da Organización Meteorolóxica Mundial, que aseguran que o nivel de CO2 na atmosfera é o máis alto na historia da humanidade e que habería que retroceder entre tres e cinco millóns de anos para atopar concentracións similares. Pero nese entón as temperaturas eran máis altas e o nivel do mar estaba entre 10 e 20 metros por encima do actual.
“Temos unha urxencia climática real. Estamos moito peor do que estabamos durante a reunión de París [en 2015]. E a ciencia é clara, igual que o Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático: precisamos manter o aumento das temperaturas en 1,5 grados Celsius para o fin do século e, ademais, debemos reducir un 45% as emisións de carbono para 2030 e neutralizalas para 2050.”
Guterres considera que esta realidade fai esencial que os países cumpran os compromisos adquiridos no Acordo de París.
Fonte: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación