- Grazas ás 4.632 medidas de ecodeseño implantadas por máis de 2.000 empresas adheridas a Ecoembes, tamén se conseguiu aforrar 1.386.173 MWh de enerxía e 22.136.783 m3 de auga, ademais de evitar a emisión de 163.146 toneladas de CO₂
- Aínda que as medidas máis habituais estaban encamiñadas a reducir o peso dos envases (34%), tamén foron frecuentes reintroducir material reciclado (15%), facilitar a reciclaxe dos envases (13%) e eliminar elementos do envase (10%)
Cerceda, a 5 de decembro de 2022.- O ecodeseño constitúe unha vía esencial para conseguir os novos obxectivos de redución, de incorporación de plástico reciclado, así como de aumento da reciclabilidade e circularidade de todos os envases.
Coa aplicación de distintas medidas de ecodeseño, as empresas poden minimizar o impacto ambiental dos envases que comercializan. Esta é unha das principais conclusións que se extraen do VIII Plan Empresarial de Prevención (2021-2023) de Ecoembes, quen indica que, grazas ás 4.632 medidas implantadas por 2.067 empresas que forman parte do seu sistema, en 2021 aforráronse 60.744 toneladas de materias primas, 1.386.173 MWh de enerxía e 22.136.783 m3 de auga, ademais de evitar a emisión de 163.146 toneladas de CO₂.
Aínda que as máis habituais estaban encamiñadas a reducir o peso dos envases (34%), tamén foron frecuentes reintroducir material reciclado (15%), facilitar a reciclaxe dos envases (13%) e eliminar elementos do envase (10%).
Outras medidas focalizáronse cara a diminución do impacto ambiental (12,4%) e o fomento da reutilización (3%), un concepto clave da economía circular que cada vez cobra máis protagonismo.
Das 4.632 medidas, o 54% foron aplicadas por PEMES. Por sectores, o 51% foron adoptadas pola alimentación, o 16% levouse a cabo entre as compañías dedicadas ao coidado persoal e do fogar, un 18% centralizouse na industria de equipamento do fogar, un 7% nas empresas de motor e lecer e, o 8% restante, nas empresas do sector téxtil e da pel.
60.100 MEDIDAS APLICADAS DESDE 1999
Desde 1999 implantáronse máis de 60.100 medidas que van desde a eliminación de material innecesario ata a reincorporación de plástico reciclado, entre outras, facendo posible que unha botella de auga pese un 18,4% menos que hai 20 anos e un bote de iogur sexa un 21% máis lixeiro.
Todo isto permitiu que se aforren un total de 668.715 toneladas de materia prima e se evite a emisión de 2.496.771 toneladas de CO₂. Así mesmo, evitouse o consumo de máis de 25 millóns de Mwh de enerxía e aforráronse máis de 243 millóns de m3 de auga.
Fonte e imaxe: Ecoembes