- Contará coa colaboración da Fundación Ellen McArthur, socio oficial deste evento.
- A primeira xornada farase eco das barreiras e oportunidades actuais dentro dos ámbitos da enerxía, recursos e manufactura na rexión de Canadá-Estados Unidos.
- A segunda contempla un debate sobre o papel que o sector dos servizos financeiros e os responsables das políticas poden desempeñar para permitir e acelerar a transición cara a unha economía circular.
Cerceda, a 17 de setembro de 2020.- O Foro Mundial de Economía Circular (WCEFonline) terá lugar de forma virtual os próximos días 29 e 30 de setembro.
A través de seis sesións separadas, este evento permitirá a las partes interesadas de todo o mundo participar nos debates e demostrar como a economía circular pode mellorar a resistencia a nivel empresarial e social.
A Fundación Ellen McArthur, socio oficial do World Circular Economy Forum, será co-anfitrioa de “A viaxe a unha economía circular na rexión de Canadá-EE. UU”, que se celebrará o día 29, xornada a través da cal se busca entender as barreiras e oportunidades actuais dentro dos ámbitos da enerxía, recursos e manufactura.
Con discursos de Inger Andersen (Medio Ambiente da ONU) e o Ministro Jonathan Wilkinson (Medio Ambiente e Cambio Climático de Canadá), este diálogo interactivo reunirá aos líderes da economía circular de Canadá e EE. UU. para identificar as áreas prioritarias de colaboración.
O 30 de setembro, Ellen MacArthur encargarase de pronunciar o discurso de apertura, que explora a economía circular como unha vía para redefinir o crecemento e aumentar a resistencia.
Así mesmo, a Fundación será a anfitrioa da sesión de clausura deste Forum, Enabling the Circular Economy: The Role of Policy & Finance, que contempla un debate sobre o papel que o sector dos servizos financeiros e os responsables das políticas poden desempeñar para permitir e acelerar a transición cara a unha economía circular.
Contarase para isto coas achegas de Shiva Dustdar, Xefe de Financiamento da Innovación (Banco Europeo de Investimentos); Carolina Schmidt (Ministra de Medio Ambiente, Chile); Shardul Agrawala, Xefe da División de Integración do Medio Ambiente e a Economía (OCDE); e Lena Pripp- Kovac, Xefa de Sustentabilidade (Grupo Inter IKEA)
Fonte e imaxe: Gestores de Residuos