- Promovida pola Fundación AFE, a Fundación Reina Sofía e Ecoembes, coa mesma preténdese impulsar actividades de concienciación medioambiental e dar visibilidade á sostibilidade.
- Borja Iglesias (futbolista do Real Betis Balompié) e Virginia Torrecilla (futbolista do Atlético de Madrid Feminino) son os verdadeiros protagonistas desta iniciativa, manifestando, en calidade de embaixadores, a necesidade de coidar o planeta coa colaboración de todos.
Cerceda, a 27 de novembro de 2019.- “O fútbol recicla” é a nova campaña coa que a Fundación AFE, a Fundación Reina Sofía e Ecoembes, pretenden fomentar a reciclaxe na práctica deste deporte e asentar o compromiso de profesionais e seguidores coa protección e coidado do medio ambiente.
A iniciativa presentouse onte, na sed da Asociación de Futbolistas Españois, e contou coa presenza de David Aganzo (presidente de AFE), Nieves Rey (directora de Comunicación e Marketing de Ecoembes), Luís Nogueira (vocal-secretario da Fundación Reina Sofía) e os dous protagonistas indiscutibles, Borja Iglesias (futbolista do Real Betis Balompié) e Virginia Torrecilla (futbolista do Atlético de Madrid Feminino).
As tres institucións aproveitaron a ocasión para formalizar un acordo de colaboración cuxo obxectivo é promover actividades de concienciación medioambiental e dar visibilidade á sostibilidade.
Dada a gran afección do noso país ao fútbol, confíase en que esta campaña cale entre os propios deportistas, os seguidores e o conxunto da poboación.
A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE, CAUSA COMÚN
David Aganzo, que abriu o acto, recordou que “a nosa asociación non pode nin debe estar allea aos diferentes problemas que nos rodean. Debemos dar un paso ao fronte en diferentes ámbitos para axudar a rexenerar o lugar que habitamos. Os e as futbolistas son referentes para gran parte da sociedade e cremos que deben ser nesta cuestión que hoxe nos ocupa actores fundamentais para concienciala, para ser transmisores dunha mensaxe clara e contundente, que reciclar debe ser de obrigado cumprimento para todos se queremos que a saúde do noso planeta non se siga deteriorando”.
Pola súa banda, o presidente de AFE considera que “frear o progresivo deterioro do medio ambiente é un problema que nos afecta a todos e non podemos mirar cara a outra parte. Con esta campaña queremos insistir en que reciclar debe converterse nunha obriga para todos porque se trata, simplemente, dunha cuestión de responsabilidade social”.
Así mesmo, Nieves Rey destacou que “a reciclaxe é un hábito diario dos cidadáns e nós debemos acompañalos sempre que poidamos, estar preto deles naqueles lugares onde pasan o seu tempo libre e o campo de fútbol é un deles. Estamos encantados de contar con futbolistas comprometidos como Borja Iglesias e Virginia Torrecilla, e agardamos que, grazas a esta colaboración, podamos chegar a moitos afeccionados do fútbol para conciencialos sobre reciclaxe e coidado da nosa contorna”.
Virginia Torrecilla puxo de relevo que reciclar é unha causa “moi importante para todos e non hai que esquecer que require dun esforzo mínimo que paga a pena facer. Non custa nada e hoxe en día é unha necesidade”, mentres que Borja Iglesias sinalou que “para min é un honra participar nesta campaña. Hai que fomentar esta loita porque o planeta é a nosa casa e temos que coidala”.
Fonte e imaxe: Ecoembes
Saúdos, Departamento de Comunicación