- Licenciado en Económicas e Empresariais, Meléndez conta cunha ampla traxectoria no sector dos residuos, tendo ostentado o cargo de director de Operacións de Ecovidrio, xerente de Relacións Internacionais de Ecoembes e, máis recentemente, director xeral da Asociación de Latas e Bebidas
Cerceda, a 10 de xullo de 2024.-A Asociación para a Xestión do Residuo Téxtil e o Calzado nomeou ao galego Juan Ramón Meléndez como o seu novo director xeral.
A asociación, integrada por firmas tales como Decathlon, El Corte Inglés, H&M, Ikea, Inditex, Kiabi, Mango, Primark, Sprinter e Tendam, pretende, coa incorporación de Meléndez, reforzar o seu compromiso como actor no sector téxtil, ademais de facilitar a adopción de prácticas máis respectuosas coa contorna e promover a economía circular.
Neste sentido, o novo director xeral manifestou que "É fundamental democratizar a sostibilidade e fomentar a participación dos cidadáns na economía circular do téxtil, asegurando que cada cidadán teña a oportunidade de contribuír activamente a un futuro máis sostible e responsable".
Licenciado en Económicas e Empresariais, Meléndez conta cunha ampla traxectoria vinculada ao ámbito dos residuos e da Responsabilidade Ampliada do Produtor (RAP). Entre outros, destacan o cargo de director de Operacións de Ecovidrio, durante case seis anos, xerente de Relacións Internacionais de Ecoembes e, recentemente, director xeral da Asociación de Latas e Bebidas.
Fonte e imaxe: Asociación para a Xestión do Residuos Téxtil e o Calzado