- Trátase dunha iniciativa aberta, inclusiva e en evolución en prol da acción polo clima a través da cal invítase aos distintos sectores sociais a compartir información sobre o cambio climático e o xeito de facer fronte ás súas ameazas.
- Na fase inicial, o Pacto dará prioridade ás accións que reporten beneficios inmediatos, non só para o clima e o medio ambiente, senón tamén para a saúde e o benestar da poboación.
Cerceda, a 11 de decembro de 2020.- A Comisión Europea puxo en marcha o Pacto Europeo polo Clima, unha iniciativa coa que invita ás persoas, comunidades e organizacións a participar na acción polo clima e a construír unha Europa máis verde.
Integrado no Pacto Verde Europeo, un plan para transformar a UE nunha sociedade xusta, saudable, sostible e próspera, e para restablecer a nosa forma de interactuar coa natureza, o Pacto polo Clima é unha iniciativa aberta, inclusiva e en evolución en prol da acción polo clima a través da cal se invita ás rexións, as comunidades locais, a industria, as escolas e a sociedade civil a compartir información sobre o cambio climático e a degradación do medio ambiente, así como sobre o xeito de facer fronte a estas ameazas existenciales.
A través dunha plataforma online e de diálogos e intercambios cos cidadáns, fomentará o vínculo entre a transición dixital e a ecolóxica, contribuíndo a mobilizar o apoio e a participación.
Na fase inicial, o Pacto dará prioridade ás accións centradas en catro ámbitos que ofrezan beneficios inmediatos, non só para o clima e o medio ambiente, senón tamén para a saúde e o benestar dos cidadáns: zonas verdes, mobilidade ecolóxica, edificios eficientes e competencias ecolóxicas.
O seu ámbito de aplicación evolucionará sobre a base das ideas e contribucións das persoas e organizacións que participen no mesmo.
Un acto do Pacto Anual sobre o Clima reunirá aos participantes para compartir as súas experiencias e coñecementos, xa que as solucións só poden ter éxito se todo o mundo participa e contribúe activamente.
O próximo 16 de decembro, celebrarase un acto inaugural online co vicepresidente executivo Frans Timmermans, responsable do Pacto Europeo polo Clima. O evento incluirá a presentación dos primeiros embaixadores do Pacto, un debate sobre os próximos compromisos enmarcados no mesmo e charlas a cargo de invitados especiais sobre as medidas que todos podemos adoptar para loitar contra o cambio climático.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay