- A medida afecta, entre outros materiais, a pratos, cubertos, palliñas e bastonciños de plástico, que conforman o 70% do lixo mariño.
- Establécense novos obxectivos de reciclado, quedando obrigados os Estados membros a recuperar en 2025 o 25% das botellas plásticas, subindo esta porcentaxe ata o 30% en 2030 e ata o 90% no ano 2029.
- Refórzase o principio de “quen contamina paga” e outórgase tamén maior responsabilidade aos fabricantes de aparellos de pesca, quen deben asumir o custo da recollida de redes perdidas no mar.
- Igualmente, os fabricantes terán que incluír no etiquetado dos produtos as advertencias sobre o impacto ambiental dos mesmos
Cerceda, a 28 de marzo de 2018.- Os plásticos dun só uso tales como pratos, cubertos, palliñas e bastonciños quedarán prohibidos na Unión Europea a partir do ano 2021. Así o aprobou esta mesma semana o Pleno do Parlamento tralo acordo alcanzado co Consello da UE por 560 votos a favor, 35 en contra e 28 abstencións.
Máis do 80% do lixo mariño está conformado por plástico e os produtos referenciados constitúen o 70% do mesmo. Debido ao seu lento proceso de degradación, o plástico dana os ecosistemas mariños, atenta contra a supervivencia da fauna, xa que tartarugas, focas, baleas e aves inxírenno ao confundilo con alimento, e chega tamén á alimentación humana a través dos peixes e mariscos que comemos.
Con esta normativa, teñen os días contados os seguintes produtos: pratos e cubertos de plástico dun só uso (culleres, tenedores, coitelos e palillos), palliñas, bastonciños de algodón para os oídos fabricados con plástico, paliños de plástico para soster globos, plásticos oxodegradables, contedores alimenticios e cuncas de poliestireno.
REFÓRZASE O PRINCIPIO DE “QUEN CONTAMINA PAGA”
Increméntase a presión sobre a responsabilidade dos fabricantes e establécense novos obxectivos de reciclado, toda vez que os Estados membros terán que recuperar en 2025 o 25% das botellas plásticas, subindo esta porcentaxe ata o 30% en 2030 e ata o 90% no ano 2029.
O principio de “quen contamina paga” sae reforzado, especialmente no caso do tabaco ao introducir unha responsabilidade ampliada para o produtor. Maior responsabilidade outórgase tamén aos fabricantes de aparellos de pesca, que quedarán obrigados a asumir o custo da recollida de redes perdidas no mar, propiciando que estes aparellos regresen a terra e recíclense.
Igualmente, os fabricantes deberán incluír no etiquetado dos produtos as advertencias sobre o impacto ambiental dos mesmos (cigarros con filtros de plástico, cuncas de plástico, toalliñas húmidas e compresas hixiénicas).
A eurodiputada belga Frédérique Ries, encargada da tramitación parlamentaria do texto, puxo de relevo que a normativa reducirá en 22.000 millóns de euros a factura correspondente aos danos ambientais derivados da contaminación por plástico.
A xuízo de Frans Timmermans, vicepresidente primeiro da Comisión Europea, a nova lexislación axudará a cambiar a forma na que se deseñan, consumen e xestionan os produtos plásticos, reducindo significativamente o impacto dos mesmos na contorna e, máis concretamente, no medio mariño.
Fonte: Parlamento Europeo
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación