- Así o decidiu o comité organizador ante a avalancha de solicitudes recibidas.
- “Economía circular. Que estás facendo?” É a gran pregunta á que as candidaturas deben dar resposta desde ámbitos clave como as cidades sostibles, as novas tecnoloxías en xestión de residuos, a innovación dixital e social, o cambio climático e o lixo mariño, temáticas todas elas esenciais para a sostibilidade futura.
- O congreso ISWA, líder indiscutible no sector dos residuos a nivel mundial, chegará por primeira vez a España na que será a súa 29 edición, que terá lugar en Bilbao do 7 ao 9 de outubro, prevendo a asistencia de máis de 1.200 expertos na materia.
- ATEGRUS, Membro Nacional de ISWA en España, desempeña un papel estratéxico na organización e desenvolvemento dun congreso que marcará un fito no noso país.
Cerceda, a 19 de febreiro de 2019.- A oito meses vista da celebración de ISWA 2019, o maior congreso mundial en materia de xestión de residuos, e que terá lugar do 7 ao 9 de outubro en Bilbao (Palacio de Congresos Euskalduna), todo parece augurar o seu éxito, avalado xa por sucesivas edicións de intenso traballo e recoñecemento internacional.
E é que o Comité Organizador, ante a avalancha de solicitudes recibidas, decidiu ampliar o prazo para a presentación de propostas de relatorio ata o 18 de marzo. Para que os interesados poidan facer efectivo o envío dos seus papers, deben darse de alta no Centro de Autores da Web e seguir as indicacións proporcionadas. https://iswa2019.org/abstracts/.
“Economía circular. Que estás facendo?” Esta é a gran pregunta á que as candidaturas de relatorio deben dar resposta desde ámbitos tales como as cidades sostibles, as novas tecnoloxías en xestión e tratamento de residuos, a innovación dixital, a innovación social, o cambio climático e o lixo mariño. Temáticas de plena actualidade cun protagonismo indiscutible na configuración do modelo de futuro ao que debemos avanzar para preservar os xa escasos e limitados recursos naturais, constituíndo a xestión sostible dos residuos unha peza fundamental.
MÁIS DE 1.200 EXPERTOS
Máis de 1.200 expertos daranse cita en ISWA 2019, configurado xa como o evento líder e de maior entidade a nivel mundial en xestión de residuos e que por primeira vez chega a España para traer, da man de ATEGRUS, as principais novidades do sector e a bagaxe doutros continentes.
Preténdese con iso fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias e alimentar así as estratexias a seguir para facer efectivo o principio de xerarquía na xestión dos residuos, primando a súa prevención, reutilización e reciclaxe, e articulando as medidas para a súa correcta valorización, asociada á creación de emprego verde e de calidade. O fin último é evitar o vertido, a opción menos desexable polo seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.
MENOS É MÁIS
Diminuír residuos e incrementar recursos constitúe o espírito dun evento que alcanza xa a súa 29 edición nun momento no que o caduco e obsoleto modelo de economía lineal, definido polas malas prácticas de usar e tirar, debe chegar ao seu fin, emprendendo, con decisión e valentía, da man da tecnoloxía e a innovación, o camiño cara a u circular caracterizado pola eficiencia e a transformación de residuos en recursos co que facer fronte ao cambio climático.
A Asociación Técnica Española para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente, ATEGRUS, é o Membro Nacional de ISWA en España que desempeña un papel crucial na organización e desenvolvemento dun congreso que, sen dúbida, marcará un fito no noso país.
Saúdos, Departamento de Comunicación