- É un dos programas de aprendizaxe máis emblemáticos da Fundación Ellen Mc.Arthur e está dirixido a estudantes de posgrao e profesionais que se atopan ao comezo da súa carreira no ámbito da economía circular.
- Desenvolverase entre o 19 de abril e o 25 de xuño de 2021 e ten carácter gratuíto.
Cerceda, a 18 de febreiro de 2021.- "From Linear to Circular" é un dos programas de aprendizaxe máis emblemáticos da Fundación Ellen Mc.Arthur e está dirixido a estudantes de posgrao e profesionais que se atopan ao comezo da súa carreira na economía circular.
Este curso constitúe unha excelente oportunidade para complementar coñecementos, dotar de maior alcance aos traballos e investigacións realizadas no ámbito da sostibilidade e propiciar que os interesados poidan converterse en catalizadores da economía circular dentro da súa organización.
O programa é gratuíto e desenvolverase entre o 19 de abril e o 25 de xuño de 2021. A data límite para a presentación de solicitudes é o 28 de febreiro, ás 23.00 horas.
Cunha duración de dez semanas, inclúe sesións dirixidas por expertos e proxectos de colaboración en equipo desenvolvidos pola Fundación e os membros da súa Rede, facilitando deste xeito que os alumnos poidan ampliar as súas redes profesionais. O fin último é dotalos das habilidades necesarias para axudalos a desempeñar un papel na aceleración cara a unha economía circular.
O programa inclúe:
• Unha exploración en profundidade do concepto de economía circular.
• Sesións dirixidas por expertos sobre a aplicación práctica da economía circular.
• Traballar en proxectos de equipo codeseñados pola Fundación e as empresas da súa rede.
• Titoría por parte de antigos alumnos do programa.
• Conversacións con expertos en economía circular.
• Creación dunha sólida rede de antigos alumnos de From Linear to Circular.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pexels