- Así o manifestou Javier Domínguez no marco do workshop celebrado onte nas dependencias da empresa dentro do proxecto europeo Res2ValHum, do que forma parte en calidade de socio.
- No acto inaugural estivo acompañado polo Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, e pola Subdirectora Xeral de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Verónica Tellado.
- O encontro tivo continuidade coa exposición de experiencias prácticas en compostaxe por parte da Deputación de Ourense e os concellos de Carballo e As Pontes.
- Contouse tamén coas interesantes achegas de Eduardo Soler, Xerente da Sociedade de Actuacións Medioambientais (Limonium).
- O evento concluíu coa intervención dun representante de Lipor (Oporto, Portugal) e unha visita guiada á nova planta de recuperación de materiais de Sogama.
Cerceda, a 5 de xullo de 2019.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi o encargado de abrir onte o workshop celebrado nas instalacións do Complexo Medioambiental da Sociedade en Cerceda (A Coruña), e que contou coa asistencia dun nutrido aforo conformado maioritariamente por alcaldes, concelleiros, técnicos, educadores medioambientais, universitarios e profesionais do sector dos residuos, do ámbito agrícola e xardinaría.
Baixo o título “A compostaxe a escala local: compartindo experiencias”, con este evento, enmarcado no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Res2ValHum, que ten por obxecto poñer en valor a materia orgánica e evitar o seu vertido, pretendíase dar a coñecer o bagaxe adquirida por distintos concellos en relación ao compostaxe doméstico e industrial, así como a visión de expertos na materia.
O máximo responsable de Sogama estivo acompañado no acto inaugural polo Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, e pola Subdirectora Xeral de Residuos da Xunta de Galicia, Verónica Tellado, quen participou posteriormente cunha conferencia na que deu a coñecer a folla da ruta do compostaxe nesta comunidade, dando conta do que se fixo e do que aínda queda por facer para que o compostaxe nas súas distintas modalidades vaia gañando terreo e a reciclaxe da materia orgánica se incremente de forma exponencial.
INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS PARA A APRENDIZAXE
Respecto das experiencias prácticas en compostaxe doméstico e industrial contouse coas achegas do Concello de Carballo, a través do seu Concelleiro Delegado de Obras e Servizos, Lois Lamas; da Deputación de Ourense, coa intervención da Xefa de Sección de Xestión Ambiental, María Sabas Álvarez; e do Concello de As Pontes de Rodríguez, representando por Ismael Blanco Bouza, da firma Deloga.
Todos eles explicaron os pormenores dos seus proxectos (compostaxe doméstico, urbano e vermicompostaxe), as súas fortalezas, pero tamén as dificultades coas que se atoparon en casos concretos debido ao descoñecemento e reticencias por parte dalgúns usuarios. Con todo, valoraron como moi positivas e exitosas as súas iniciativas, ás que darán continuidade durante os próximos meses para seguir avanzando na reciclaxe da materia orgánica no marco dun modelo de desenvolvemento orientado cara á economía circular.
Na parte final da xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar o relatorio de Eduardo Soler, Xerente da Sociedade de Actuacións Medioambientais (Limonium), que dou unha visión global e moi interesante sobre a xestión dos residuos en xeral, e da materia orgánica en particular, en distintos municipios da provincia de Tarragona. Pechou a secuencia de intervencións o Dr. Joao Graça da firma portuguesa Lipor, que conta cunha planta de valorización para a materia orgánica.
VISITA Á NOVA PLANTA DE SOGAMA
Trala quenda de preguntas e coloquio, os asistentes realizaron unha visita guiada á nova planta de recuperación de materiais de Sogama.
En operación desde novembro de 2018, esta instalación conformou a primeira fase de ampliación do Complexo Industrial de Cerceda, que se completa coa remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. Desta forma, a nova Sogama estará preparada para alcanzar os seus principais obxectivos: tratar en condicións óptimas todos os refugallos producidos polos 295 concellos adheridos ao seu modelo, e mesmo do resto de Galicia; cuadriplicar as súas taxas de reciclado; e chegar en 2020 ao vertido técnico cero (10%), esixencia europea para o ano 2035.
Saúdos, Departamento de Comunicación