- A organización anunciou os dous primeiros expertos que participarán nesta cita: o capitán Charles Moore, coñecido polo descubrimento dunha illa de plásticos en metade do Pacífico, e Nicola Cerantola, Enxeñeiro Mecánico experto en deseño sostible, economía circular e emprendemento verde.
- Co lema “Economía circular. Que estás facendo ti?” e, baixo a organización de ATEGRUS, o congreso, todo un referente internacional en materia de residuos, terá lugar en Bilbao, do 7 ao 9 de outubro, na que será a súa edición número 29.
- A cita desenvolverase a través dun completo programa científico centrado na xestión sostible dos residuos, a economía circular e a eficiencia dos recursos.
- O prazo de inscrición para a asistencia a este evento xa está aberto. Aproveite os descontos: https://iswa2019.org/registration/
Cerceda, a 29 de maio de 2019.- O programa de relatorios de ISWA 2019, Congreso Internacional de referencia no ámbito da xestión sostible dos residuos, e que terá lugar en Bilbao (Palacio de Congresos Euskalduna) entre os días 7 e 9 de outubro do ano en curso, alcanzando a que será a súa edición número 29, xa vai tomando forma coa incorporación dos dous primeiros expertos: o capitán Charles Moore e Nicola Carentola.
O primeiro, Charles Moore, graduado en Química pola Universidade de California e experto navegante, descubriu no ano 1997, durante un desvío da ruta marítima habitual de navegación, unha illa conformada por residuos plásticos en metade do Pacífico. Desde entón, a loita contra a contaminación oceánica por plásticos atópase entre as súas prioridades. O seu libro “Plastic Ocean” relata a experiencia que supuxo para él o descubrimento desta illa flotante á que puxo por nome “Great Pacífic Garbage Patch”.
A súa presenza en programas especializados de televisión e documentais, entre os que se inclúe “Trashed”, narrado polo gañador do Premio da Academia Jeremy Irons, foi habitual.
Pola súa banda, Nicola Cerantola, Enxeñeiro Mecánico especializado en deseño sostible, economía circular e emprendemento verde, fundou en 2009 a consultora “Ecologing”, que ofrece asesoramento e servizos de apoio na transición cara á nova economía circular.
En 2012, creou e lanzou o modelo Ecocanvas, actualización circular do famoso modelo Business Canvas a fin de conectar o deseño circular co empresarial, actualmente na súa versión 2019.
Profesor asociado en títulos internacionais e Máster en varias Universidades de todo o mundo, adestrou, durante case unha década, a milleiros de estudantes, profesionais e empresas.
En 2018 coordinou, como residente mentor, o espazo de coworking 51 en EOI, unha plataforma online para a incubación de proxectos de economía circular.
Como consultor externo para o programa SWITCHMED por SCP/RAC, o PNUMA e a ONUDI, co-desenvolveu e publicou, en 2015, a metodoloxía de manual e libro de traballo para o emprendemento ecolóxico na rexión MENA, apoiando a máis de 1.800 empresarios verdes.
UN PROGRAMA REDONDO
“Economía circular. Que estás facendo ti?” é o lema que enmarcará os contidos de ISWA 2019, encargándose ATEGRUS (Asociación Técnica Española para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente) da organización do mesmo.
O congreso desenvolverase a través dun completo programa científico centrado na xestión sostible dos residuos, a economía circular e a eficiencia dos recursos no que cobrarán protagonismo as cidades sostibles, as novas tecnoloxías ambientais, a innovación dixital, o cambio climático, a innovación social e o lixo mariño.
O encontro servirá igualmente para a creación de redes, propiciando o contacto directo con potenciais clientes, así como con responsables políticos, científicos, técnicos e empresarios.
O prazo de inscrición xa está aberto, ofrecendo descontos e condicións moi vantaxosas https://iswa2019.org/registration/
Toda a información en https://iswa2019.org/
Saúdos, Departamento de Comunicación