- Está dirixida aos concellos e agrupacións de municipios de máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia que estean comprometidos coa calidade da recollida selectiva municipal para a reciclaxe de papel e cartón
- O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 31 de xullo de 2022
Cerceda, a 14 de maio de 2022.- O programa “Pajaritas Azules” de ASPAPEL convoca unha nova edición dirixida aos concellos, así como ás agrupacións de municipios de máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia, que estean comprometidos coa calidade da recollida selectiva municipal para a reciclaxe de papel e cartón.
Os entes locais que participen por primeira vez deben rexistrarse e cumprimentar o cuestionario para a avaliación anual dos 21 indicadores. Pola súa banda, os que xa participaron en anteriores edicións, só terán que actualizar datos e incluír as melloras realizadas.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 31 de xullo de 2022.
Recoñecido co Premio Europeo de Reciclaxe de Papel, “Pajaritas Azules” é un programa anual de asesoramento, avaliación e recoñecemento da calidade da xestión municipal en recollida selectiva de papel e cartón, enfocado á mellora continua.
CALENDARIO
- 31 de xullo de 2022: prazo máximo para cumprimentar o cuestionario con datos actualizados e melloras realizadas.
- 15 de novembro de 2022: entrega de informes de avaliación de 21 indicadores e recomendacións de mellora.
- 1 de decembro de 2022: comunicación da concesión de “Pajaritas Azules” en base aos resultados da avaliación.
- Primeiro trimestre de 2023: entrega das “Pajaritas Azules” 2023.
NOVIDADES
Unha das principais novidades da edición 2023 refírese ás campañas de concienciación e sensibilización das entidades locais participantes co obxectivo de mellorar a súa efectividade. Para isto, refórzase o indicador correspondente (número 12) e céntrase o enfoque en catro aspectos fundamentais: campañas de concienciación que incidan na correcta separación de residuos, campañas sobre a importancia de encartar e introducir o papel e cartón dentro dos contedores, campañas que expliquen o tratamento ata a reciclaxe final en fábrica e os seus beneficios ambientais, e información dispoñible nos propios contedores azuis, que debe indicar claramente que hai que depositar neles e que non.
Adicionalmente, no indicador 17 (indicador crítico) sobre planificación da xestión de residuos de papel e cartón, introdúcese a necesidade de incluír unha planificación das campañas de información e sensibilización para poder superar o devandito indicador.
ASPAPEL poñerá en marcha unha iniciativa coa que motivar aos concellos para realizar este tipo de campañas de información destinadas a diminuír o contido de impropios e aumentar as taxas de recollida. No evento de entrega de Pajaritas Azules 2023 presentaranse as campañas merecedoras de recoñecemento, difundindo e compartindo así as mellores prácticas.
Outra das grandes novidades será a homoxeneización dos controis de calidade, de modo que o procedemento de calidade inclúa un rexistro sistematizado de control, a descrición da metodoloxía do sistema de control e a planificación das medidas correctivas.
Fonte e imaxe: Pajaritas Azules