- A OCU considera que, se os cidadáns teñen información veraz sobre o impacto medioambiental dos produtos que adquiren, poden desempeñar un papel fundamental para acelerar unha transición verde con éxito.
Cerceda, a 24 de novembro de 2020.- A OCU considera, que se os cidadáns teñen información veraz sobre o impacto medioambiental dos produtos que adquiren, poden desempeñar un papel fundamental para acelerar unha transición verde con éxito.
Neste marco púxose en marcha o proxecto europeo “Clean”. Promovido pola OCU, xunto con membros de Euroconsumers, Altroconsumo e Test Achats, contando igualmente co apoio de Deco Proteste, ten por obxecto proporcionar información aos consumidores sobre o impacto ambiental dos deterxentes e fomentar a compra sostible en España e en Europa.
Os resultados dunha enquisa realizada a 4.210 consumidores de Bélxica, Italia, Portugal e España, apuntan a que, na súa meirande partes, estes prestan atención aos aspectos ambientais cando compran deterxentes para o fogar. Non obstante, o 87% dos españois recoñece ter "moi pouca información" sobre esta cuestión malia a súa preocupación.
Neste sentido, a Organización de Consumidores e Usuarios cualifica como insuficiente a simple inclusión dunha dirección web no envase para que os consumidores vaian buscar proactivamente esta información, xa que o 58% non se decata disto e só o 3% visita as ligazóns web.
Por outra banda, os consumidores non confían nas afirmacións medioambientais. Entre o 52% (Bélxica e Italia) e o 59% (Portugal e España) dos enquisados cre que as afirmacións mencionadas nos deterxentes son só estratexias de marketing.
Finalmente, o 90% dos españois entende que debería haber algún tipo de estandarización na forma en que se presenta o impacto ambiental destes produtos.
O proxecto CLEAN conta co financiamento do Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía de Uniunan Europea (2014-2020).
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay