- A Asociación Hombre y Territorio (HyT) é a entidade encargada de elaborar unha proposta metodolóxica, á vez que se conciencia á poboación sobre o impacto negativo dos microplásticos na contorna natural.
- O proxecto enmárcase na sección “Ciencia” do Programa LIBERA, área dedicada a estudar elementos contaminantes en 140 Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA).
- Cabe recordar que “Microplástico” foi elixida a palabra do ano 2018 pola Fundación Fundeu BBVA como un dos principais termos presentes na actualidade informativa de índole medioambiental e con interese desde o punto de vista lingüístico.
Cerceda, a 29 de abril de 2019.- O proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife e Ecoembes, pon en marcha un estudo piloto para proceder á caracterización de microplásticos en ríos, contemplando un protocolo de mostraxe, detección, análise e interpretación de microplásticos debido á importante afección destes sobre todos os ecosistemas acuáticos.
Denomínase “microplásticos” a aqueles elementos sólidos de tamaño menor a 5 mm, podendo ser identificados como “primarios” cando presentan este tamaño desde a súa xeración industrial e, “secundarios”, cando son o resultado da fragmentación de plásticos menores que se disgregarob ao romperse, degradarse ou descompoñerse.
E precisamente “Microplástico” foi elixida a palabra do ano 2018 pola Fundación Fundeu BBVA como un dos principais termos presentes na actualidade informativa de índole medioambiental e con interese desde o punto de vista lingüístico.
A Asociación Hombre y Territorio (HyT) é a entidade encargada de desenvolver o estudo, a partir do cal elaborarase unha proposta metodolóxica para que técnicos, investigadores, colectivos sociais ou redes de seguimento poñan en marcha ou integren esta variable nas súas iniciativas, á vez que se conciencia á poboación sobre o impacto negativo dos microplásticos na contorna natural.
O proxecto enmárcase na sección de Ciencia do Programa LIBERA, área dedicada a estudar elementos contaminantes, analizando, por parte de investigadores do CSIC, a presenza de fitosanitarios, metais pesados, derivados de plástico e medicamentos en 140 Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA).
Trátase de espazos identificados a través de criterios acordados por investigadores e expertos por ser lugares de especial relevancia para a conservación das aves e a biodiversidade. Das 469 IBA identificadas en España, seleccionáronse 140 consideradas representativas de diferentes hábitats.
A Asociación Hombre y Territorio acumula unha gran experiencia na investigación e conservación de sistemas acuáticos e, con tal fin, realizará mostraxes e ensaios en diferentes ríos e arroios, fóra e dentro dalgunhas destas IBAS. Tomará mostras de auga e recabará información de diferentes variables ambientais a través da plataforma e-Litter xerada por Vertidos cero e Paisaje Limpio.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera
Saúdos, Departamento de Comunicación