- Serán un total de 80 axudas a nivel nacional que inclúen asesoramento técnico e seguimento dos proxectos, así como unha dotación de ata 1.500 euros.
- O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 16 de setembro e a resolución terá lugar o 15 de outubro.
- As organizacións interesadas (sen ánimo de lucro e legalmente constituídas) deben presentar unha proposta de mellora da calidade ambiental dun espazo natural de alto valor ecolóxico non urbano e incluír accións concretas encamiñadas a mellorar a saúde dos ecosistemas e acabar co problema da basuraleza.
- Antes do 31 de agosto do próximo ano, as entidades seleccionadas entregarán unha memoria na que dean conta das accións desenvolvidas (segundo modelo establecido), un dossier fotográfico e unha relación de gastos que xustifiquen o importe asignado.
Cerceda, a 27 de agosto de 2019.- Tralas dúas exitosas edicións anteriores, nas que 130 organizacións participaron no coidado e mellora do estado de conservación de contornas naturais de toda España, o proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, convoca a terceira edición de axudas para ‘Apadriñamentos de espazos naturais’.
Serán un total de 80 axudas a nivel nacional que inclúen asesoramento técnico e seguimiento dos proxectos, así como unha dotación de ata 1.500 euros. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 16 de setembro e a resolución terá lugar o 15 de outubro.
As organizacións interesadas (fundacións, asociacións, centros educativos, centros deportivos, etc, sen ánimo de lucro e legalmente constituídas de ámbito local e nacional cuxo ámbito de acción comprenda a área no que se van a desenvolver as actividades propostas), deberán presentar unha proposta de mellora da calidade ambiental dun espazo natural de alto valor ecolóxico non urbano e incluír accións concretas encamiñadas a mellorar a saúde dos ecosistemas e acabar co problema da basuraleza.
Adicionalmente, as iniciativas traballarán sobre algún dos tres alicerces do Proxecto LIBERA: coñecemento, prevención e participación.
AVALIACIÓN E ALCANCE
Todas as propostas pasarán un período de valoración técnica a cargo dunha comisión avaliadora que terá en conta distintos criterios tales como a calidade técnica das propostas; a ubicación xeográfica, xa que se intentará lograr a maior representatividade posible de todo o territorio nacional; e o hábitat ou ecosistemas obxecto da acción. A súa vez valoraránse positivamente outros aspectos tales como que as propostas poidan ter continuidade máis aló das accións obxecto da convocatoria, que aborden o problema da basuraleza desde algunha perspectiva e a colaboración con outras entidades para a execución das mesmas.
O proxecto LIBERA proporcionará asesoramento no desenvolvemento das iniciativas propostas, unha axuda económica de ata 1.500 euros, a difusión do traballo realizado, formación en materia de comunicación, educación ambiental e xestión de residuos, e envío de material corporativo en formato dixital (carteis, presentacións, etc) para uso das entidades seleccionadas.
Ao longo do mes de maio de 2020, levarase a cabo un encontro coas organizacións beneficiarias das axudas onde se porá en común todos os proxectos postos en marcha para a creación de sinerxías. Traballarase tamén con dinámicas de grupo para analizar o que funcionou e o que non coa pretensión de establecer propostas de mellora.
Antes do 31 de agosto do próximo ano, as entidades deben entregar unha memoria na que dean conta das accións desenvolvidas (segundo modelo establecido), un dossier fotográfico e unha relación de gastos que xustifiquen o importe asignado.
Fonte e imaxe: LIBERA
Saúdos, Departamento de Comunicación