- Con tal fin, conta co asesoramento dun comité multisectorial no que se integran actores crave de todos os sectores involucrados na xestión sostible das redes de pesca
- Este proxecto desenvolverase ata 2026 e pretende recuperar alomenos 100 toneladas de redes e aparellos.
- A súa finalidade non é só protexer os ecosistemas mariños, senón impulsar a economía circular, integrando os materiais reciclados en industrias como a automoción, a construción naval e a aeronáutica
Cerceda, ao 13 de xaneiro de 2025.- O proxecto Redes de España, cuxo obxectivo é recuperar redes e aparellos descartados do sector pesqueiro español para impulsar a economía circular, está a desenvolver un marco normativo que garanta a xestión sostible e a rastrexabilidade destes residuos ao longo de todo o proceso de transformación, o que se acreditará mediante un certificado nacional.
Para a elaboración do regulamento que sustentará esta certificación, o proxecto conta co asesoramento dun comité multisectorial no que se integran actores crave de todos os sectores involucrados na xestión sostible das redes de pesca, e que definirá os procesos crave: desde a recollida e o tratamento de aparellos e redes ata a súa valorización como materiais reutilizables, asegurando o seu retorno ao mercado con estándares de sostibilidade.
Forman parte deste comité multisectorial, a Confederación Española de Pesca (CEPESCA) e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores (FNCP), as autoridades portuarias (AP Vigo), provedores e recicladores (Grupo Eurored) e entidades certificadoras como AENOR. Tamén participan representantes do ámbito da valorización e investigación (CTAG e Fish and Food Technology), encargados de investigar novas aplicacións e usos para os materiais reciclados; organismos administrativos como a Fundación Biodiversidade e organizacións sociais como WWF, quen lidera os esforzos de sensibilización ambiental.
Entre os obxectivos principais do comité cabe destacar o de garantir un regulamento inclusivo e viable para a súa implementación, así como a revisión e retroalimentación continua do mesmo. A partir de aquí, o consorcio do proxecto traballará no deseño dun sistema eficiente e sostible para a recollida e tratamento de redes de pesca, asegurando que se cumpran os criterios de sostibilidade en cada etapa do proceso. Finalmente, fomentarase a coordinación cos operadores do sector, promovendo a súa adhesión progresiva ao sistema de certificación establecido para asegurar o impacto positivo do proxecto.
Impulso da economía circular
Redes de España representa un esforzo conxunto para abordar o desafío ambiental dos refugallos pesqueiros. Este proxecto, que leva a cabo no marco do programa Pleamar da Fundación Biodiversidade, desenvolverase ata 2026 e pretende recuperar alomenos 100 toneladas de redes e aparellos. A súa finalidade non é só protexer os ecosistemas mariños, senón impulsar a economía circular, integrando os materiais reciclados en industrias como a automoción, a construción naval e a aeronáutica.
O proxecto está liderado por CEPESCA, xunto cos socios FNCP e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), e conta coa colaboración da Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura (PTEPA) e a Asociación AMICOS.
Fonte e imaxe: IndustriAmbiente