- Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar mañá, 5 de xuño, António Guterres,convida a todas as persoas a cumprir coa súa parte para poñer fin á contaminación por plásticos
Cerceda, a 4 de xuño de 2023.- Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará mañá, 5 de xuño, o Secretario Xeral de Nacións Unidas, António Guterres, convida a todas as persoas a cumprir coa súa parte para poñer fin á contaminación por plásticos.
Baixo o lema “Solucións á contaminación por plásticos”, a campaña #SinContaminaciónPorPlásticos está liderada polo país anfitrión Côte d'Ivoire, en colaboración cos Países Baixos.
Cada ano prodúcense no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico, dos cales un terzo están destinados a usar e tirar. Cada día, vértese nos océanos, ríos e lagos do mundo o equivalente a máis de 2.000 camións de lixo cheos de plástico.
"Debemos traballar de forma mancomunada -gobernos, empresas e consumidores por igual-, para acabar coa nosa adicción aos plásticos, defender a política de cero refugallos e construír unha economía verdadeiramente circular", afirmou o Secretario Xeral nunha mensaxe de vídeo.
Un novo informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente mostra que podemos reducir a contaminación plástica nun 80% para 2040 se actuamos agora para reutilizar, reciclar, reorientar e diversificarnos lonxe dos plásticos.
https://www.youtube.com/watch?v=qvMfr14Iff0&t=1s
Fonte e imaxe: ONU