- Segundo datos do INE, as actividades económicas con maior emprego ambiental foron 'Construción' e 'Subministración de auga, saneamento, xestión de residuos e descontaminación', con 214.400 e 136.500 empregos respectivamente
Cerceda, a 11 de decembro de 2024.- Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), o sector ambiental creou en 2023 un total de 577.700 empregos, un 5,5% máis que o ano anterior, supoñendo o 2,95% do total da economía.
Os dominios ambientais que máis contribuíron ao emprego verde foron 'Aforro e xestión de enerxía e/ou calor' (39,5% do total) e 'Xestión de residuos' (20,8%), e as actividades económicas con maior emprego ambiental foron 'Construción' e 'Subministración de auga, saneamento, xestión de residuos e descontaminación', con 214.400 e 136.500 empregos respectivamente.
Pola súa banda, o Gasto Nacional en Protección Ambiental (GNPA) alcanzou os 25.107 millóns de euros, un 1,7% máis que en 2022, representando o 1,67% do PIB. Os ámbitos con maior peso foron os servizos de 'Xestión de residuos' (60,5% do gasto total) e os de 'Xestión de augas residuais' (19,2%).
O sector Sociedades realizou o 47,4% do gasto total, as Administracións Públicas o 39,1% e, os Fogares, o 13,5%.
Estas son algunhas das conclusións do INE en relación ás Contas Ambientais do ano pasado, nas que explicou que, con todo, o Valor Engadido Bruto asociado á produción de bens e servizos ambientais (VAB ambiental) situouse en 39.773,9 millóns de euros, un 2,5% menos que en 2022, mentres que o PIB a prezos correntes aumentou un 9,1%.
Así mesmo, o total da produción ambiental ascendeu a 101.362 millóns de euros en 2023. Desta cifra, destináronse á exportación 15.801,5 millóns, un 6% máis que no exercicio anterior.
Fonte: INE
Imaxe: Pexels