- Os seus especiais atributos (reutilizable, biodegradable, reciclable e renovable) convértea na opción preferida e supón xa, segundo datos dos fabricantes asociados a labolsadepapel, o 24,75% do consumo total de bolsas comerciais en España.
- O carácter reutilizable e a alta resistencia da bolsa de papel veñen avalados por dous estudos realizados polo Instituto Tecnolóxico da Embalaxe, Transporte e Loxística (ITENE).
Cerceda, a 16 de xullo de 2020.- O uso da bolsa de papel no comercio creceu o pasado ano no noso país un 9,8%. As súas especiais características (reutilizable, biodegradable, reciclable e renovable) convértea na opción preferida polos consumidores e os comercios e supón xa, segundo datos dos fabricantes asociados a labolsadepapel, o 24,75% do consumo total de bolsas comerciais en España.
Nos sectores de moda, complementos, agasallos, zapaterías e óptica, o 85% dos comercios minoristas utilizan xa bolsas de papel fronte a un 70% de fai só dous anos. O mesmo sucede en case a totalidade das panaderías e pastelerías (97% fronte a un 66% en 2017), tendo gañado tamén terreo no sector de entrega a domicilio de comida e na gran distribución, onde supón xa o 14% do consumo total de bolsas comerciais. Pola súa banda, o 35% das farmacias elíxena fronte a outras alternativas.
O carácter reutilizable e a alta resistencia e da bolsa de papel veñen avalados por dous estudos realizados polo Instituto Tecnolóxico da Embalaxe, Transporte e Loxística (ITENE), concluíndo empíricamente que soportan varios usos e pódense reutilizar para novas compras.
Respecto da súa resistencia, demostrouse un excelente comportamento en distintos usos: para supermercados (produtos de alimentación), a bolsa de papel de formato pequeno con asas (similar á bolsa de plástico tipo camiseta) aguanta ata máis de 12 quilos; para grandes almacéns e tendas especializadas (produto téxtil e bazar), a mediana con asa puede cargar ata máis de 14 quilos; e para froita e compra a granel, a de tipo sobre sen asa pode con 5 quilos ou máis se é de formato mediano ou 2 quilos ou máis se é de formato pequeno.
Fonte: IDE
Imaxe: Pixabay