- Un total de 4.385 voluntarios de toda España participaron na cuarta edición da campaña `1m2 polo campo, os bosques e o monte’, promovida polo Proxecto LIBERA, para retirar e caracterizar os refugallos abandonados.
- As caracterizacións e recollidas, que seguiron todas as medidas de seguridade e recomendacións de cada comunidade autónoma e/ou municipio, tiveron lugar en 268 puntos de todo o país, 100 máis que en 2019.
- Así mesmo, incrementáronse o número de colaboradores: 99 institucións e 69 entidades locais fronte ás 46 e 35 (respectivamente) do ano pasado.
Cerceda, a 28 de decembro de 2020.- A cuarta edición da campaña de ciencia cidadá ‘1m2 polo campo, os bosques e o monte’, que arrincou o 12 de decembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Montañas, saldouse coa caracterización de 3,7 toneladas de residuos abandonados.
Nesta iniciativa, promovida polo Proxecto Libera, creado por SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes, participaron 4.385 voluntarios (‘Heroes LIBERA’) que posibilitaron a recollida de datos sobre o volume, a cantidade e a tipoloxía do lixo atopado no campo, os bosques e o monte.
As recollidas, que seguiron todas as medidas de seguridade e recomendacións de cada comunidade autónoma e/ou municipio, tiveron lugar en 268 puntos de todo o país, 100 máis que en 2019, e caracterizáronse preto de 46.306 refugallos a través da aplicación de ciencia cidadá ‘eLitter’.
Nesta edición, incrementouse o número de colaboradores, cun balance de 99 institucións (consellerías, espazos naturais protexidos…) fronte aos 46 da pasada edición e 69 entidades locais (concellos, mancomunidades, deputacións…), que fixeron o propio fronte ás 25 do ano anterior.
Ademais, Cruz Vermella, Home e Territorio, Mater Museoa ou Paisaje Limpio, uníronse tamén a esta campaña.
DIAGNOSTICAR PARA ACTUAR
Así, entre a basuraleza atopada nas contornas terrestres destacan, en primeiro lugar, as pezas de plástico de 0 a 2,5cm, seguidas de cabichas e botellas de bebidas de plástico.
A partir dos datos recabados, O obxectivo principal desta iniciativa é formular estratexias máis eficientes e efectivas para acabar con este problema ambiental.
Con tal fin, empregouse, para a caracterización dos residuos, a app móbil ‘eLitter’, desenvolvida polas asociacións Paisaje Limpio e Vertidos Cero en colaboración con LIBERA. A información resultante intégrase na base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECORD).
Con esta convocatoria, LIBERA pecha a súa última campaña de mobilización cidadá do ano. Así, trala celebración de ‘1m2 polos ríos, embalses e pantanos’ e ‘1m2 polas praias e os mares’, conseguíronse caracterizar 13,4 toneladas de lixo e 98.228 obxectos.
Fonte e imaxe: LIBERA