- A través da campaña “Transmite a mensaxe e elimina o coronavirus”, insisten na necesidade de lavarse correctamente as mans, protexerse co interior do cóbado ou un pano á hora de estornudar, non tocarse a cara coas mans, manter alomenos un metro de distancia dos demais e quedarse na casa, seguindo as instrucións das autoridades sanitarias.
Cerceda, a 24 de marzo de 2020.- Tendo en conta o gran interese que esperta o fútbol na sociedade, especialmente entre os máis novos, a OMS (Organización Mundial da Saúde) e a FIFA uniron forzas a través da campaña "Transmite a mensaxe e elimina o coronavirus". Na mesma explícanse as cinco acciçpms esenciais que todas as persoas deben adoptar para protexerse. É o caso do correcto lavado de mans, evitar tocarse a cara coas mesmas, o comportamento axeotadp á hora estornudar, gardar a distancia física entre persoas e permanecer na casa.
Durante a presentación da campaña, o director xeral da OMS, o doutor Tedros Adhanom Ghebreyesus, agradeceu a donación da Federación Internacional de Asociacións de Fútbol de 10 millóns de euros ao Fondo de Solidariedade COVID-19.
Pola súa banda, o presidente da FIFA, Gianni Infantino, utilizou un símil futbolístico para explicar como solucionar a pandemia ao afirmar que "necesitamos traballar en equipo para atacar ao coronavirus" e chamou a toda a comunidade ao redor do planeta a unirse á campaña.
Estos son os xestos básicos:a promover:
1.- Lavarse correctamente as mans con auga e xabón ou frotarlas cunha solución a base de alcohol.
2.-Protexerse co interior do cóbado ou cun pano de papel cando se estornude ou se tosa. "A continuación desfaite inmediatamente do pano e lávate as mans".
3.-Non tocarse a cara coasmans, especialmente os ollos, o nariz ou a boca para evitar que o virus entre no noso corpo.
4.-Manter alomenos un metro de distancia dos demais, o que nos axuda a evitar a inhalación de calquera pinga en suspensión de alguén que estornude ou tosa preto de nós.
5.-Quedarse na casa e seguir todas as instrucións das autoridades sanitarias.
Fonte e imaxe: ONU