- Así mesmo, insta a reducir a contaminación por plásticos para protexer a contorna e o benestar público.
- Conforme a unha análise publicada respecto dos coñecementos actuais sobre estes materiais na auga potable, os que miden máis de 150 micras non adoitan ser absorbidos polo organismo humano e crese que as partículas máis pequenas absórbense pouco.
- Non obstante, e se ben se dispoñen de poucos datos, a absorción e distribución de partículas microplásticas moi pequenas, sobre todo das nanopartículas, podería ser maior.
- Co fin de dispoñer de máis estudos nesta área, a OMS considera que se deben obter métodos normalizados para medir as partículas microplásticas na auga.
Cerceda, a 26 de agosto de 2019.- En días pasados, a OMS (Organización Mundial da Saúde) solicitou que se realice unha avaliación pormenorizada da presenza de microplásticos no medio ambiente e dos seus efectos e impacto sobre a saúde das persoas, á vez que insta a reducir a contaminación por plásticos para protexer a contorna e o benestar público.
A Directora do Departamento de Saúde Pública, Medio Ambiente e Determinantes Sociais da Saúde da OMS, a Dra. María Neira, manifestou que «Necesitamos urxentemente máis datos sobre os efectos na saúde dos microplásticos, que están presentes en todas partes, ata na auga que bebemos. A escasa información dispoñible parece indicar que a auga potable contaminada por estes materiais non é prexudicial para a saúde, polo menos aos niveis actuais. Non obstante, debemos seguir estudando este asunto e evitar que a contaminación por plásticos siga aumentando en todo o mundo».
Conforme a unha análise publicada respecto dos coñecementos actuais sobre estes materiais na auga potable, os que miden máis de 150 micras non adoitan ser absorbidos polo organismo humano e crese que as partículas máis pequenas absórbense pouco. Sen embargo, e aínda que se dispoñen de poucos datos, a absorción e distribución de partículas microplásticas moi pequenas, sobre todo das nanopartículas, podería ser maior.
Co fin de dispoñer de máis estudos nesta área, a OMS considera que se deben obter métodos normalizados para medir as partículas microplásticas na auga, analizar as fontes e a presenza destes materiais na auga doce e evaluar a eficacia dos distintos procesos de tratamento.
O correcto tratamento das augas residuales elimina máis do 90% dos microplásticos presentes nas mesmas, sobre todo durante o tratamento terciario (por exemplo, a filtración) e o tratamento convencional da auga potable elimina as partículas de diámetro inferior a unha micra.
O problema reside en que unha gran parte da poboación mundial non se beneficia actualmente de sistemas axeitados de tratamento de augas. É por iso que dr recomenda ás empresas que subministran auga potable e ás instancias normativas do sector que prioricen a eliminación de microbios patóxenos e produtos químicos perigosos para a saúde das persoas, como os que causan enfermidades diarreicas mortais. Esta medida é doblemente vantaxosa, pois os sistemas de tratamento de augas residuais e de auga potable que eliminan as feces e os produtos químicos separan tamén os microplásticos.
Fonte: OMS
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación