- Os recursos oceánicos estanse consumindo moito máis rápido do que poden recuperarse de forma natural.
- Urxe preservar os océanos: proporcionan alimento a máis de 3.000 millóns de persoas e absorben o 30% de dióxido de carbono emitido á atmosfera
- Nos últimos 15 anos, as áreas mariñas protexidas víronse incrementadas nun 25%.
- Non obstante, algúns estudos apuntan a que o 40% das mesmas teñen deficiencias de consideración, requirindo dunha mellor xestión.
Cerceda, a 16 de abril de 2019.- O sufrimento dos océanos acrecéntase debido ás actividades humanas. Os recursos oceánicos consúmense moito máis rápido do que poden recuperarse de forma natural.
A pesca intensiva, a contaminación mariña, a destrución do hábitat, a acidificación, o quecemento da temperatura e o derretemento do xeo mariño afectan negativamente á biodiversidade e aos ecosistemas. Exemplo disto é que a metade dos arrecifes de coral a nivel mundial xa se perderon e o quecemento global está causando ciclos repetidos de branqueamento de coral.
Os océanos son un gran tesouro. Proporcionan alimento a máis de 3.000 millóns de persoas e absorben o 30% de dióxido de carbono emitido á atmosfera. Razóns suficientes para coidalos e protexelos.
É por isto que ONU Medio Ambiente promove a implementación de áreas mariñas protexidas para conservar as poboacións de peixes e a función dos ecosistemas, axudando igualmente aos países a xestionar de forma efectiva estas áreas a través de apoio técnico e de capacitación.
Nos últimos 15 anos, as áreas mariñas protexidas víronse incrementadas nun 25%. A día de hoxe, hai 14.882 áreas mariñas protexidas que cobren o 7,6% do océano, un área case tres veces máis grande que o territorio de Estados Unidos. A máis recente está ao redor da Illa da Ascensión, no Océano Atlántico Sur. A máis grande é a área mariña protexida do Mar de Ross, que é aproximadamente do tamaño de México e foi creada en 2016.
Non obstante, e malia estes esforzos, as investigacións evidencian que moitas áreas mariñas protexidas requiren unha mellor xestión. De feito , algúns estudos apuntan a que o 40% das mesmas teñen deficiencias de consideración, tal e como se recolle no informe Fronteiras 2017.
Neste marco, ONU Medio Ambiente lanzou unha guía práctica para gobernos, planificadores e tomadores de decisións a fin de apoiar o deseño e correcta xestión das áreas mariñas protexidas. Ao non haber dúas áreas iguais, faise necesario un enfoque flexible.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación