- Ofrecerá un concerto co que se renderá homenaxe a todos os peregrinos que, a través da iniciativa Camiño da Reciclaxe, promovida por Ecoembes e a Xunta de Galicia, contribúen a fomentar a reciclaxe e a manter o Roteiro Xacobeo libre de lixo.
- O evento, que conducirá o presentador Adrián Díaz, conta coa colaboración de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e celebrarase o 5 de xuño (domingo), ás 12:30 horas, no Auditorio ABANCA en Santiago (Preguntoiro, 23).
- As entradas son gratuítas e poden adquirirse nesta web: www.ataquilla.com
Cerceda, a 26 de maio de 2022.- Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), a orquestra da Música da Reciclaxe ofrecerá en Santiago de Compostela un concerto co que se renderá homenaxe a todos os peregrinos que, a través da iniciativa Camiño da Reciclaxe, promovida por Ecoembes e a Xunta de Galicia, contribúen a fomentar a reciclaxe e a manter o Roteiro Xacobeo libre de residuos.
O evento, que conducirá o presentador Adrián Díaz, conta coa colaboración de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e celebrarase o propio 5 de xuño (domingo), ás 12:30 horas, no Auditorio ABANCA, en Santiago (Preguntoiro, 23). No mesmo participará o famoso cantautor ferrolán Andrés Suárez e a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.
Esta peculiar orquestra, cuxos instrumentos foron elaborados a partir de residuos, creouse co obxectivo de ofrecer formación musical e educación en valores a mozos de barrios en risco de exclusión social da Comunidade de Madrid.
Nas súas clases, tamén se lles fai fincapé na importancia de coidar e respectar o medio ambiente reciclados. Con isto ponse en valor a importancia das segundas oportunidades, tanto para os residuos, a través da reciclaxe, como para as persoas.
Desde 2016, Camiño da Reciclaxe conciencia aos millleiros de peregrinos que percorren os distintos roteiros da importancia de que o Camiño deixe pegada neles e non eles nel (só coas súas pisadas!). Unha dobre homenaxe, xa que tamén busca agradecer a todo o pobo galego o compromiso e agarimo que cada día demostran co Camiño de Santiago.
As entradas son gratuítas e poden adquirirse nesta web: www.ataquilla.com
Fonte e imaxe: Ecoembes